RuPaul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RuPaul
RuPaul at Dragcon 2019 by dvsross (cropped).jpg
Nome completoRuPaul Andre Charles
Nacemento17 de novembro de 1960
Lugar de nacementoSan Diego, California
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterNorth Atlanta High School, Gompers Preparatory Academy e Patrick Henry High School
Ocupacióndrag queen, músico, cantautor, actor de televisión, modelo, presentador, actor de cinema, locutor de radio, actor, realizador, produtor, produtor de cinema, modelo e cantante
CónxuxeGeorges LeBar
PremiosPrimetime Emmy Award for Outstanding Reality-Competition Program, Primetime Emmy Award for Outstanding Reality-Competition Program, MTV Video Music Award para Video of the Year, Primetime Emmy Award for Outstanding Host for a Reality or Reality-Competition Program, Primetime Emmy Award for Outstanding Host for a Reality or Reality-Competition Program, Primetime Emmy Award for Outstanding Host for a Reality or Reality-Competition Program, Primetime Emmy Award for Outstanding Host for a Reality or Reality-Competition Program, Primetime Emmy Award for Outstanding Host for a Reality or Reality-Competition Program e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
https://www.rupaul.com/
IMDB: nm0750412 Allocine: 35354 Rottentomatoes: celebrity/rupaul Allmovie: p200711 TV.com: people/rupaul IBDB: 390929
Facebook: RuPaul Twitter: RuPaul Instagram: rupaulofficial MySpace: 83757250 TikTok: rupaulofficial Souncloud: rupaulofficial Spotify: 2SdOKxC1sSxEyv8JYERaNe iTunes: 20834406 Last fm: RuPaul Musicbrainz: 15257a48-d9f6-4fd1-b30e-323576b15aca Songkick: 450639 Discogs: 24188 Allmusic: mn0000852656 WikiTree: Charles-2002 Deezer: 66472 Genius: Rupaul Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

RuPaul Andre Charles, nado o 17 de novembro de 1960 en San Diego, California, é unha drag queen, actor, modelo, cantante, compositor, presentador de televisión e autor estadounidense. Dende o ano 2009, produce e presenta o programa de televisión RuPaul's Drag Race, polo que recibiu oito Premios Primetime Emmy. Considérase como a drag queen máis exitosa a nivel comercial nos Estados Unidos de América. En 2017, apareceu na lista das 100 persoas máis influentes da revista Time 100.[1] En 2019, na revista Fortune afirmábase que era "probabelmente a drag queen máis famosa do mundo".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

RuPaul estudou artes escénicas en Atlanta, Xeorxia. Acabou radicando en Nova York, onde se converteu nunha figura popular nos clubs LGTB da cidade. Acadou fama internacional como drag queen co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "Supermodel (You Better Work)", incluído no seu primeiro álbum de estudio Supermodel of the World (1993). En 1994, fíxose representante de MAC Cosmetics, recadando cartos para a Fundación Mac AIDS e sendo a primeira drag queen en levar unha gran campaña de cosméticos. Nese mesmo ano, conseguiu o seu primeiro programa en VH1 chamado The RuPaul Show. Presentouno durante máis de 100 episodios mentres compartía programa de radio en WKTU con Michelle Visage. Continou a súa carreira como artista e publicou 14 álbums de estudio, entre os que se inclúen Foxy Lady (1996), Ho Ho Ho (1997), Champion (2009), Glamazon (2011) e Born Naked (2014).

RuPaul tamén apareceu en filmes como Crooklyn (1994), The Brady Bunch Movie (1995), To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar (1995), But I'm a Cheerleader (1999), Hurricane Bianca (2016), a serie de Comedy Central Broad City (2017) e Girlboss (2017), Grace and Frankie (2019) e AJ and the Queen (2020). Tamén publicou tres libros: Lettin' It All Hang Out (1995), Workin' It! RuPaul's Guide to Life, Liberty, and the Pursuit of Style (2010), e GuRu (2018).

O seu programa RuPaul's Drag Race leva 13 tempadas nos Estados Unidos de América e 2 no Reino Unido (até o ano 2021). O programa tivo éxito mundial e inspirou 6 formatos internacionais, así como varios spin-offs como, RuPaul's Drag U, RuPaul's Drag Race All Stars e RuPaul's Secret Celebrity Drag Race. Tamén apareceu como convidada en series como Skin Wars, Good Work e Gay for Play Game Show Starring RuPaul. En xuño de 2019 estreou o seu programa de entrevistas RuPaul, pero foi cancelado despois de 3 semanas de proba.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RuPaul by Naomi Campbell". time.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 19 de xullo de 2021. 
  2. Klein, Jessica (24 de setembro de 2019). "As 'RuPaul's Drag Race' Expands to the U.K., DragCon Shines Light on Its Mainstream Success". Fortune. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  3. Porter, Rick (2 de xaneiro de 2020). "RuPaul Daytime Talk Show Not Moving Ahead at Fox Stations". The Hollywood Reporter. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.