Roza das Modias
| Tipo | dolmen necrópole | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Alba, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Ben de Interese Cultural | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2500 a. C. | |||
A necrópole megalítica da Roza das Modias foi unha necrópole de mediados do III milenio a. C. atopada en Alba, Vilalba.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Tres dos sete túmulos, en diferentes graos de conservación, presentaban gravados realizados sobre lousas xistosas.
Túmulo A
[editar | editar a fonte]A cámara poligonal do túmulo A presenta gravados oscilantes en catro das sete lousas, representando o que podería tratarse de serpes, que tamén poden relacionarse coa plasmación de imaxes obtidas en visións alucinatorias. Estes gravados que só poderían ser vistos polos mortos están relacionados coas ideas relixiosas características da cultura megalítica.[1]
Ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]- Detalle dos gravados na pedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Vázquez Varela, José; Yzquierdo Perrín, Ramón; García Iglesias, José Manuel; Castro, Antón (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Nigra Imaxe S.L. ISBN 84-87709-50-8.
- ↑ Anta da Roza das Modias na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
