En 2006 catro rapazas fan amizade durante o seu primeiro ano de facultade, son Jess (Scarlett Johansson) , Alice (Jillian Bell), Frankie (Ilana Glazer) e Blair (Zoë Kravitz). Unha década máis tarde xuntánse para unha despedida de solteira, xa que Jess vai casar co seu prometido, Peter. Alice decide que as catro deben ir de festa a Miami e únese tamén Pippa, amiga australiana de Jess. As amigas celebran a festa nun club e resolven contratar un stripper. Pero ocorre algo inesperado, Alice mata ao stripper de xeito accidental ao bater este coa cabeza no bordo da lareira. Antes de decidir que facer Jess chama a Peter e menciona que as súas amigas contrataron un stripper e que ela está confusa. Peter pensa que a súa noiva o vai deixar e decide ir a Miami para que volva con el.
Sony Pictures anunciou o 22 de xuño de 2015 que lograra facerse cos dereitos do guión Move That Body, presente en The Black List dese ano e escrito por Lucia Aniello e Paul W. Downs. Aniello ía dirixir o filme e Dwons sería un dos protagonistas.[1] Os dous tamén producirían o filme canda Matt Tolmach e Dave Becky.
O filme comezou a rodarse en agosto de 2016 en Saddle Rock (Nova York).[2] Tamén se rodaron algunhas escenas en setembro de 2016 en Mount Vernon (Nova York)[3].
Ata o 29 de agosto de 2017 o filme recadou 22,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá mais 24,2 millóns no resto do mundo, o que fai un total de 46.3 millóns, mentres o seu orzamento foi de 20 millóns.
En Norteamérica, a película lanzouse canda All Eyez on Me47 Metres Down e Cars 3 en 3162 cines.[4] No seu primeiro día fixo 3,4 millóns e 8 millóns na súa primeira fin de semana, situándose en 7º lugar.[5]
En Rotten Tomatoes a película logrou unha taxa de aprobación do 45% con base en 134 críticas, cunha clasificación media de 5.3/10. En Metacritic a súa puntuación foi de 51 sobre 100, segundo 39 críticas.[6] e en CinemaScore o público deulle ao filme unha nota media de "C+" nunha escala de A+ a F.