Saltar ao contido

Roteiro da Memoria As Catalinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roteiro da Memoria As Catalinas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tema principal
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   1,98 km Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Mapa
Roteiro da memoria As Catalinas

O Roteiro da Memoria As Catalinas é un itinerario de 1,98 quilómetros situado no concello de Carral, que une a Canteira das Catalinas coa igrexa parroquial de Santa Mariña de Beira. O percorrido lembra ás polo menos 18 persoas que foron asasinadas no contorno da canteira pola acción da represión franquista entre o 14 de agosto e o 3 de novembro de 1936, e incorpora paneis informativos que contextualizan os feitos e o espazo no que se produciron.[1]

Perfil altimetrico entre a Canteira e a Igrexa de Santa Mariña de Beira.

Tras o triunfo do golpe de Estado de 1936, as novas autoridades sublevadas instauraron unha política de represión destinada a neutralizar a oposición política e a espallar o medo a erguerse no resto da poboación, co obxectivo de manterse no poder.

No eido desta represión, polo menos 18 persoas -maioritariamente residentes na Coruña-, foron asasinadas na contorna da Canteira das Catalinas,[2] situada no monte das Teixoeiras, en Carral, un lugar ben visible, ao bordo da estrada N-550, e afastado da cidade, o que contribuiu a dificultar a identificación dos corpos, ata o punto de que aínda hoxe a identidade de catro deles é descoñecida.[3]

Nome Idade Lugar de residencia Data de aparición
Manuel Salgado Núñez 28 anos A Coruña 14 de agosto de 1936
Descoñecido Aproximadamente 28 anos Descoñecido 14 de agosto de 1936
Luciano Costa García 29 anos Cambre 16 de agosto de 1936
Francisco Pérez Mato 43 anos Cela de Cambre 16 de agosto de 1936
Antonio Díez Mauricio 20 anos A Coruña 16 de agosto de 1936
Francisco Méndez Fernández 23 anos A Coruña 16 de agosto de 1936
Juan Rubio Sauce 24 anos A Coruña 16 de agosto de 1936
Descoñecido Descoñecida Descoñecida 18 de agosto de 1936
Juan Díaz Loureda 28 anos Rutis-Culleredo 3 de setembro de 1936
Acracio Seoane Díaz 30 anos A Coruña 5 de setembro de 1936
Descoñecido Sobre 32 anos Descoñecida 5 de setembro de 1936
Enrique Lage Baldomir 24 anos A Coruña 10 de setembro de 1936
Antonio Pérez Rodríguez 34 anos A Coruña 10 de setembro de 1936
Julio Teijo Fernández 26 anos A Coruña 15 de setembro de 1936
Julián Hermida Montoya 29 anos A Coruña 29 de setembro de 1936
Descoñecido Descoñecida Descoñecida 3 de novembro de 1936

Cando aparecía un corpo, unha autoridade chamada celador[4] acudía aos núcleos de poboación próximos e seleccionaba veciños para recoller os restos mortais e trasladalos ao cemiterio da igrexa de Beira, a máis achegada, seguindo o mesmo camiño que hoxe percorre a ruta.

No 2007, a Asociación Cultura Aberta de Carral, organizou as terceiras xornadas de Memoria Histórica, coa participación do investigador Luís Lamela, quen deu unha conferencia titulada "Os novos mártires de Carral, o de 1936", que foi un repaso polos fusilamentos, "paseos", represión carcelaria, laboral e económica en Carral[5] e poñía nome á meirande parte das vítimas da canteira das Catalinas.[6]

En 2022 a mesma asociación organizou diversos actos de homenaxe as vítimas, entre eles a inauguración dun monumento conmemorativo no cemiterio de Beira, obra do escultor Valdi e cun poema de Baldomero Iglesias, e a edición do libro "Lembranzas de José Manuel Moledo Rodríguez e Luciano Costa García" , onde se recollían novos datos das vítimas en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.[7]

En xullo de 2026, o grupo HISTAGRA, co apopio da Deputación da Coruña, realizou a exhumación de dúas das vítimas da Canteira das Catalinas nunha fosa do cemiterio. Durante o desenvolvemento destes traballos, a Asociación Cultura Aberta anunciou a creación dunha ruta que uniría a canteira coa fosa.[8] O itinerario foi inaugurado o 19 de setembro de 2026, incorporando dous paneis explicativos elaborados polo investigador David Lozano e códigos QR que levan a máis contido que contextualiza os feitos acontecidos en 1936 e a contorna na que se sitúan a canteira e a igrexa.[9]

A contorna

[editar | editar a fonte]

A ruta discorre polo monte das Teixoeiras, no val de Barcia. Neste monte conservanse atopar varias covas que algúns autores atribuen a unha posible orixe romana, vencellada á extracción de ouro. Durante a represión franquista, algunhas destas cavidades foron empregadas coma agocho por persoas perseguidas, entre elas a coñecida como Cova dos Foucellas.[10]

Ao longo do itinerario, transcorren tres regos: O rego das Reghas, o rego de Freighonde e o rego de Ramasquisdo, que aínda hoxe seguen sendo parte da traída de augas das vivendas da zona.[11]

No final do itinerario, sitúase a igrexa de Santa Mariña de Beira, un templo da idade contemporánea que foi reconstruído na década de 1950, mediante suscripción popular obrigatoria. Esta intervención alterou de maneira significativa os lugares onde se supón que foran soterradas as vítimas da Canteira das Catalinas. Durante as obras, a misa oficiouse na capela do próximo Pazo das Cadeas[10], edificio do século XVII[12]

Na contorna localizanse tamén dous castros: O castro das Travesas e o castro de Hervés.[13] No Monte Xalo existen petróglifos catalogados, e no lado oposto da estrada N-550 atópase o conxunto etnográfico dos muíños do Batán, formado por catorce muíños construídos no século XVIII.[14]

Vesaxe tamén

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ ""Roteiro da memoria As Catalinas" en Beira (Carral) - Fai memoria". Consultado o 2026-09-19.
  2. ↑ Lembranzas de José Moledo Rodríguez e Luciano Costa García. Vítimas das Catalinas. Asociación Cultura Aberta de Carral. 2022.
  3. ↑ "Carral inaugura una ruta de memoria histórica en Beira". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2026-09-19.
  4. ↑ Deputación Provincial A Coruña (2026-09-13). "As testemuñas. "Roteiro da Memoria As Catalinas", Beira (Carral).Deputación Provincial A Coruña". Consultado o 2026-09-19.
  5. ↑ "Recuperación da memoria histórica - Carral - Mártires" (en castelán). 2023-07-27. Consultado o 2026-09-22.
  6. ↑ Cultura Aberta (Carral) (2025-11-21). "III Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica". Consultado o 2026-09-22.
  7. ↑ REDACCIÓN (2022-11-18). "Mesa redonda y monumento por las víctimas de As Catalinas en Carral". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2026-09-19.
  8. ↑ "La fosa de Carral, cuatro cuerpos y decenas de historias familiares". La Voz de Galicia (en castelán). 2026-07-15. Consultado o 2026-09-19.
  9. ↑ Roldán, Candela F. (2026-09-18). "La memoria echa a andar en Carral: casi dos kilómetros de ruta para romper 90 años de silencio en Beira". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2026-09-19.
  10. 1 2 Vilar Hermidas, Xosé Lois (1999). Santa Mariña de Veira. Concello de Carral.
  11. ↑ Deputación Provincial A Coruña (2026-09-13). "A contorna. "Roteiro da Memoria As Catalinas", Beira (Carral).". Consultado o 2026-09-22.
  12. ↑ "Pazo das Cadeas". Patrimonio Galego. Consultado o 2026-09-22.
  13. ↑ "Castro de Herves/Forteillo". Patrimonio Galego. Consultado o 2026-09-22.
  14. ↑ Máxica, Galicia (2016-03-03). "Muíños de Batán y eco-museu da Costa da Égoa | GALICIA MÁXICA". Galicia Máxica | Algo más que ver en Galicia (en castelán). Consultado o 2026-09-22.