Rossana Podestà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rossana Podestà
Rossana Podestà 1973.jpg
Rossana Podestà en 1973, esperando o comezo dunha nova escena no set da película Homo Eroticus, de Marco Vicario, en Roma.
Nome completoCarla Dora Podestà
Alcume/outrosRossana Podestà
Nacemento20 de xuño de 1934
LugarTrípoli, Libia italiana, Reino de Italia
Falecemento10 de decembro de 2013
LugarRoma, Lacio, Italia
Causacancro de cerebro
Nacionalidadeitaliana
Cónxuxe(s)Marco Vicario (1954-1973)
Walter Bonatti (1981-2011)
Profesiónactriz cinematográfica
Período1950 - 1985
editar datos en Wikidata ]

Rossana Podestà, nome artístico de Carla Dora Podestà, nada en Trípoli o 20 de xuño de 1934 e finada en Roma o 10 de decembro de 2013,[1] foi unha actriz cinematográfica italiana, activa principalmente entre os anos cicuenta e mediados dos oitenta do século pasado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacemento e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nacida Carla Dora Podestà en Trípoli, daquela colonia italiana de Libia, pasou os seus primeiros anos de vida nesa cidade norteafricana.

Despois do final da Segunda Guerra Mundial, coa derrota italiana e a perda das súas colonias, unha gran parte dos colonos italianos alí establecidos tiveron que desprazarse ao territorio metropolitano, entre eles a familia de Carla, que se trasladou a Roma.

Tracectoria artística[editar | editar a fonte]

Dotada dunha beleza notábel, foi descuberta polo realizador Léonide Moguy que a incorporou ao elenco da súa película Domani é un altro giorno, en 1951. Este traballo suponría o comezo dunha carreira que levaría a Rossana Podestà a intervir en cerca de sesenta filmes, tanto italianos como de carácter internacional. Formou parte dos elencos dalgunhas grandes producións de Hollywood de carácter histórico-mitolóxico, filmadas en Italia, como Ulysses, de Mario Camerini (1954), Helen of Troy, de Robert Wise (1955) —no papel principal, ao que tamén aspiraron Elizabeth Taylor, Lana Turner, Ava Gardner, Rhonda Fleming e Yvonne De Carlo— e Sodom and Gomorrah, de Robert Aldrich (1962). Por estas producións, Rossana Podestà gañou fama internacional, e foi considerada como unha das raíñas do péplum.

Sería notábel tamén a súa participación en obras do neorrealismo, a cargo de Valerio Zurlini, Mario Monicelli e Steno (Stefano Vanzina). Tamén traballou para realizadores como o alemán Georg Wilhelm Pabst, os mexicanos Emilio Fernández e Julián Soler e os españois Julio Coll e Pedro Lazaga.

Decadencia artística e retirada do cine[editar | editar a fonte]

Durante a década dos anos 1970, Podestà interveu nun bo número de comedias eróticas de escaso relevo, como Homo Eroticus, Paolo il caldo, Il prete sposato, L'uccello migratore ou Siete chicas peligrosas. Nesta época tamén posaría espida para a portada da edición italiana da revista Playboy, e formaría parte do xurado do certame Miss Universo 1979, celebrado na cidade australiana de Perth. Neste último cometido estaría acompañada por, entre outros, a también actriz Constance Towers ou os cantantes Julio Iglesias e Tony Martin.[2] En 1985 rodou o seu último filme, Segreti segreti, ás ordes de Giuseppe Bertolucci.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Rossana Podestà contraeu matrimonio en 1954 co actor Marco Vicario, co que rodou en España a película Playa prohibida. Posteriormente, Vicario pasou á realización, dirixindo e producindo varías películas ao servizo da súa esposa: Le ore nude (1964), 7 uomini d'oro (1965), Il grande colpo dei 7 uomini d'oro (1967), Il prete sposato (1970), Homo eroticus (1972), Paolo il caldo (1973).

Divorciada de Marco Vicario tería, desde 1981,[3] como compañeiro o alpinista (considerado un dos mellores da historia),[4] explorador y periodista Walter Bonatti.

Faleceu en Roma o 10 de decembro de 2013, aos 79 anos, tras ser operada dun tumor benigno no cerebro.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  1. Domani è un altro giorno, de Léonide Moguy (1951).
  2. I sette nani alla riscossa, de Paolo William Tamburella (1951).
  3. Guardias y ladrones (Guardie e ladri), de Steno (Stefano Vanzina) e Mario Monicelli (1952).
  4. Strano appuntamento, de Desiderius Hamza (1952).
  5. Gli angeli del quartiere, de Carlo Borghesio (1952).
  6. Io, Amleto, de Giorgio Simonelli (1952).
  7. Il moschettiere fantasma, de Max Calandri (1952).
  8. Don Lorenzo, de Carlo Ludovico Bragaglia (1952).
  9. La voce del silenzio, de Georg Wilhelm Pabst (1953).
  10. La red, de Emilio Fernández (1953).
  11. Nosotros dos, de Emilio Fernández (1953).
  12. Fanciulle di lusso, de Bernard Vorhaus (1953).
  13. Viva la rivista!, de Enzo Trapani (1953).
  14. Addio figlio mio!, de Giuseppe Guarino (1953).
  15. Le ragazze di San Frediano, de Valerio Zurlini (1954).
  16. Playa prohibida, de Julián Soler (1955).
  17. Ulises (Ulisse), de Mario Camerini (1955).
  18. Canzoni di tutta Italia, de Domenico Paolella (1955).
  19. Non scherzare con le donne, de Giuseppe Bennati (1955).
  20. Helena de Troia (Elena di Troia / Helen of Troy), de Robert Wise (1956).
  21. Santiago, de Gordon Douglas (1956).
  22. L'isola dei pirati, de Robert Darène (1957).
  23. La espada y la cruz (La spada e le croce), de Carlo Ludovico Bragaglia (1958).
  24. Vento di passioni, de Richard Wilson (1958).
  25. L'isola in capo al mondo, de Edmond Greville (1959).
  26. Un vaso de whisky, de Julio Coll (1959).
  27. La furia de los bárbaros (La furia dei barbari), de Guido Malatesta (1960).
  28. La grande vallata, de Angelo Dorigo (1961).
  29. Sodoma e Gomorra (Sodoma e Gomorra / Sodom and Gomorrah), de Robert Aldrich (1962).
  30. L'arciere delle mille e una notte, de Antonio Margheriti (1962).
  31. La vergine di Norimberga, de Antonio Margheriti (1963).
  32. La moneda rota (F.B.I. operazione Baalbek), de Hugo Fregonese e Marcello Giannini (1964).
  33. Le ore nude, de Marco Vicario (1964).
  34. Siete hombres de oro (Sette uomini d'oro), de Marco Vicario (1965).
  35. El gran golpe de los siete hombres de oro (Il grande colpo dei sette uomini d'oro), de Marco Vicario (1966).
  36. Il prete sposato, de Marco Vicario (1970).
  37. Homo Eroticus, de Marco Vicario (1971).
  38. L'uccello migratore, de Steno (1972).
  39. Paolo il caldo, de Marco Vicario (1973).
  40. Il gatto mammone, de Nando Cicero (1975).
  41. Il letto in piazza, de Bruno Gaburro (1976).
  42. Pane, burro e marmellata, de Giorgio Capitani (1977).
  43. Siete chicas peligrosas (Sette ragazze di classe), de Pedro Lazaga (1979).
  44. Tranquille donne di campagna, de Claudio Giorgi (1980).
  45. I seduttori della domenica, de Dino Risi (1980).
  46. El desafío de Hércules (Ercole), de Lewis Coates (Luigi Cozzi) (1983).
  47. Segreti segreti, de Giuseppe Bertolucci (1985).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Muere la actriz italiana Rossana Podestá". El Universal (México). 10 de decembro de 2013. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  2. Critical Beauty (2006). "Venezuela wins for the first time". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2016. Consultado o 1 de maio de febreiro de 2017. 
  3. "Trivia". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de maio de 2017. 
  4. Fresno, M. del (18 de abril de 2008). "Walter Bonatti: El K2 sólo fue un accidente en la historia". El Mundo. Consultado o 1 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]