Rosmunda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosmunda
Pietro della Vecchia - Rosamund forced to drink from the skull of her father.jpg
Nacementoc. 540
Falecementoagosto de 572 e 573
Lugar de falecementoRavenna
CausaVeleno
NacionalidadeLongobardos e Kingdom of the Gepids
RelixiónArianismo
PaiCunimundo
CónxuxeAlboíno e Helmiques
FillosAlbsuinda
Na rede
WikiTree: De_Gepidae-6
editar datos en Wikidata ]

Rosmunda foi unha princesa xépida filla do rei Cunimundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobre 565, tras a desfeita dos xépidos fronte a unha coalición longobardo-ávara ao servizo dos intereses do Imperio bizantino e a morte de seu pai, tomouna por esposa o rei longobardo Alboíno e seguiuno a Italia ata o seu reino longobardo.

En 572, en Verona, fixo que asasinase ao rei o seu xove amante, un escudeiro longobardo chamado Helmegis (ou Elmechi en italiano) antes de se envelenar xunto con este un pouco despois.

Este feito histórico ten inspirado numerosas historias no folclore da Italia do Norte ata o século XIX.