Rosemarkie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRosemarkie
Imaxe

Localización
Mapa
 57°35′30″N 4°06′55″O / 57.5916, -4.1152Coordenadas: 57°35′30″N 4°06′55″O / 57.5916, -4.1152
EstadoReino Unido
PaísEscocia
DivisiónsHighland Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación650 (2016) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico01381 Editar o valor em Wikidata

Rosemarkie (en scots: Rossmartnie,[1] en escocés: Ros Mhaircnidh que quere dicir "promontorio[2] do torrente de cabalos") é unha vila da costa sur da península Black Isle en Ross-shire, norte de Escocia.

Pedras pictas[editar | editar a fonte]

Rosemarkie é coñecida pola súa colección de pedras pictas finamente esculpidas, sendo un dos lugares de Escocia con maior acumulación nun só sitio. As esculturas, do século VIII e IX, foron atopadas preto da igrexa da vila e amósanse no Museo Groam House, unha casa do século XVIII en High Street. A casa está aberta no verán e cobra unha pequena entrada. Estas pedras esculpidas son evidencias dun importante e antigo mosteiro en Rosemarkie, fundado ou asociado a San Moluag (finado en 592) e a Bonifacia, tamén coñecido como Curetán (comezos do século VIII). As esculturas inclúen lousas transversais, anacos de santuario e pezas arquitectónicas. Un pequeno fragmento dunha pedra de Rosemarkie está no Museo de Escocia en Edimburgo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Online Scots Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  2. Watson WJ Celtic Placenames of Scotland Blackwood 1926