Rose Valland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRose Valland

Placa conmemorativa no muro da Galería nacional de Jeu de Paume en París.
Nome orixinalRose Antonia Maria Valland
Biografía
Nacemento(fr) Rosa Antonia Valland Editar o valor em Wikidata
1 de novembro de 1898
Francia Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs, Isère
Morte18 de setembro de 1980
Francia Ris-Orangis
Datos persoais
Residencia5.º arrondissement de Paris (pt) Traducir
Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
EducaciónÉcole nationale supérieure des beaux-arts de Lyon (en) Traducir
Escola do Louvre
Escola Nacional Superior de Belas Artes
École pratique des hautes études (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora da arte, conservadora de museo
LinguaLingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcapitán Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Valland-2

Rose Valland, nada en Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs o 1 de novembro de 1898 e finada en Ris-Orangis o 18 de setembro de 1980, foi unha historiadora da arte, membro da Resistencia Francesa e capitá do exército francés. Durante e despois da segunda guerra mundial participou en operacións de sabotaxe e na recuperación de case 45.000 obras de arte roubadas polos nazis.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e formación[editar | editar a fonte]

Rose Valland, cuxo nome completo era Rose Antonia Valland, naceu o 1 de novembro de 1898 en Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs no departamento de Isère en Francia, unha vila duns 2.000 habitantes no val do río Bièvre, preto de Grenoble. Era a única filla de François Valland, carreteiro e ferreiro e de Rosa Maria Viardin.

En 1910 entrou na école normale d'institutrices de Grenoble, de onde saíu en 1918. Destacada en deseño e animada polos seus mestres, continuou a súa educación na École nationale des beaux-arts de Lion, onde obtivo numerosos premios. En 1922 foi admitida na École nationale supérieure des beaux-arts de París. A continuación entrou no concurso de profesorado de ensinanza de deseño, entre 300 candidatos. Estudou ao mesmo tempo na École du Louvre e en 1931 presentou unha tese sobre a evolución da arte italiano até Giotto..[4]

Tras o seu encontro co profesor Gabriel Millet consagrouse por completo á historia da arte. Realizou cursos de arte, historia da arte e arqueoloxía do mundo bizantino e de Oriente Medio na École pratique des hautes études onde defendeu unha tese titulada: Aquilée ou les origines byzantines da Renaissance a partir dos frescos do século XII da basílica patriarcal de Aquilea. Estudou no Collège de France, no Institut d'art e d'archéologie da Universidade de París, onde conseguiu catro certificados de estudos superiores; en Historia da arte, Arte Moderna, Arqueoloxía Medieval e Arqueoloxía Grega, que constitúen a diplomatura de arte, que combinada coa súa tese do Louvre, lle concedeu unha licenza especial de Historia da arte e Arqueoloxía. Viaxou a Italia e posiblemente a Alemaña, pois conseguiu falar alemán sen habelo estudado academicamente.

En 1932 converteuse en profesora adxunta no museo de pinturas e esculturas estranxeiras da Galerie nationale du Jeu de Paume no Palacio das Tullerías. Encargouse de catalogar as coleccións do museo e traballou na realización dunhas quince exposicións internacionais no seu catálogo. Escribiu tamén numerosos artigos en revistas e publicacións de arte. Non obstante, non recibiu a súa titulación e un salario formal até 1941.

A ocupación alemá[editar | editar a fonte]

Co estalido da segunda guerra mundial dedicouse á conservación no museo de Jeu de Paume, protexida polo director de museos nacionais, Jacques Jaujard, tentando seguir o rastro das obras expoliadas polos ocupantes nazis. Durante a Ocupación, os alemáns, en colaboración coa administración francesa, comezaron á realizar un pillaxe sistemático das obras expostas en numerosos museos e coleccións privadas, especialmente nas propiedades dos xudeus deportados ou que fuxiran. Utilizaron o museo de Jeu de Paume como depósito central (utilizando seis salas dedicadas ás antigüidades orientais antes de enviar as obras de arte a diversos destinos en Alemaña). Durante o espolio nazi, Rose Valland realizou en segredo un inventario preciso das obras que pasaban polo museo de Jeu de Paume e tentou descubrir os seus destinos, os nomes dos responsables das transferencias, así como o número de convois e transportes.[5]

Durante catro anos, seguiu os movementos das obras de arte, os seus destinos e destinatarios (xeralmente dignatarios nazis), as características das obras de arte, etc. Elaborou centenares de fichas a partir dos papeis tirados nas papeleiras do museo e escoitando as conversacións dos oficiais nazis. Tamén transmitiu información á Resistencia Francesa sobre os trens que transportaban as obras de arte, para que eses convois non foran danados polas accións dos resistentes.

O museo de Jeu de Paume era visitado con frecuencia polos altos dignatarios nazis, e Rose Valland estivo presente cando Hermann Göring seleccionou en persoa varios lenzos roubados para a súa propia colección. No outono de 1944, informou aos estadounidenses para evitar o bombardeo dos lugares de almacenaxe das obras roubadas en Alemaña e facilitar a súa recuperación. O tenente James Rorimer, unha das persoas encargadas do salvamento do patrimonio artístico europeo, deu testemuño do traballo de Rose Valland no seu libro Survival (1950).

A posguerra e a recuperación das obras[editar | editar a fonte]

Tras a liberación de París polos Aliados, Rose Valland traballou como membro da Commission de récupération artistique, creada o 24 de novembro de 1944 e disolta o 30 de setembro de 1949.[6][7] Actuou na zona de ocupación francesa en Alemaña, como oficial de Belas Artes no exército francés. En 1947 foi nomeada directora da recuperación artística de Alemaña en todas as demais zonas de ocupación, incluíndo a soviética, onde realizou algunhas misións de espionaxe para Francia, e onde recuperou algunhas obras.[8] Foi testemuña nos procesos de Nuremberg, onde foron xulgados os dirixentes nazis. Participou na recuperación das obras de arte roubada pero tamén axudando á reconstrución dos museos alemáns despois da guerra.

Ao seu regreso a Francia en 1953 converteuse en xefa do servizo de protección de obras de arte e foi nomeada en 1955 conservadora dos museos nacionais, a consagración da súa carreira. En 1961 publicou as súas experiencias durante a Ocupación no libro Le Front de l'art (reeditado en 1997). O seu labor para tentar restituír as obras expoliadas que eran expostas nos museos franceses non sempre foi ben recibida.

Rose Valland retirouse en 1968 pero en privado continuou traballando na restitución das obras expoliadas a través dos arquivos franceses. Polo seu traballo recibiu numerosas condecoracións de Francia e outros países. Así recibiu a Lexión de Honra, foi nomeada Comendadora de Artes e Letras, distinguida coa medalla da Resistencia Francesa. Os Estados Unidos outorgáronlle a medalla da Liberdade. En 1951 foi nomeada oficial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Durante a posguerra Rose Valland coñeceu á británica Joyce Heer (1917-1977), secretaria na embaixada dos Estados Unidos, que se converteu na súa compañeira íntima até a súa morte.[9] As dúas mulleres compartían un apartamento na rue de Navarre no V arrondissement de París.

En 1979 Rose Valland publicou a tese da súa compañeira, La personnalité de Pausanias, de forma póstuma nas edicións de Belles-Letres. o prólogo foi firmado polo director desa publicación, que tratou con discreción e co acordo de Rose Valland a relación que unía ás dúas mulleres:

Viviu en París cunha amiga que lle ensinou a falar francés e que despois de moito tempo amouna como unha parente próxima.
Aínda que a xente adiviñara quen é esta amiga antes de que mencionase o seu nome, se digo que foi conservadora do Museo de Jeu de Paume durante a guerra...

Morte[editar | editar a fonte]

Rose Valland morreu o 18 de setembro de 1980 con 81 anos nunha relativa soidade en Ris-Orangis, nos arredores de París. Foi enterrada xunto á súa compañeira na súa aldea natal de Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs, onde un colexio leva o seu nome.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Rosa creada en homenaxe a Rose Valland, Musée Dauphinois, Grenoble.
  • O 25 de abril de 2005 o ministro francés de Cultura, Renaud Donnedieu de Vabres inaugurou unha placa conmemorativa co nome de Rose Valland na fachada do museo Jeu de Paume, no xardín das Tullerías.
  • Desde o 5 de xullo de 2013, no corazón da rosaleda histórica do Musée Dauphinois presentouse unha rosa en honra de Rose Valland, creada polo xardineiro Guillaut de Chamagnieu por iniciativa da asociación "A mémoire de Rose Valland"·.[10]
  • A promoción 2012 de conservadores de patrimonio do Instituto Nacional de Patrimonio de Francia, leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Source : panneau « Hommage : La rose "Rose-Valland" » au Musée Dauphinois de Grenoble.
  2. Rose Valland : l'une des véritables "Monuments Men", sur le site culturebox.francetvinfo.fr, consulté le 9 mars 2014
  3. Joël Metreau - 20 Minutes. "Qui étaient les « Monuments Men » ?". 
  4. Les carnets de Rose Valland : Le pillage des collections privées d'œuvres d'art en France durant la Seconde Guerre Mondiale d'Emmanuelle Polack et Philippe Dagen, Fage Éditions, 2011
  5. Mission d’étude sur la spoliation des Juifs de France. "Le pillage de l'art en France pendant l'occupation et la situation des 2000 œuvres, confiées aux musées nationaux" (PDF). 
  6. Décret du 30 septembre 1949, sur le site culture.gouv.fr, consulté le 9 mars 2014
  7. Commission de récupération artistique Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine., sur le site data.bnf.fr, consulté le 9 mars 2014
  8. Documentaire diffusé sur Arquivado 01-10-2015 en Wayback Machine. France 3 L'espionne aux tableaux - Rose Valland face au pillage nazi
  9. Hasquenoph, Bernard. Yagg, ed. "«Monuments Men»: Rose Valland, l’héroïne lesbienne oubliée" (en francés). 
  10. Un rosier pour Rose Valland, sur le site isere.fr du 3 juillet 2013