Rose Mutiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRose Mutiso
Biografía
Nacementoc. 1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Nairobi, Kenya Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
EducaciónDartmouth College
Universidade de Pensilvania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , executiva Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: mutisorose LinkedIn: rosemutiso TED: rose_m_mutiso Editar o valor em Wikidata

Rose M. Mutiso, nada en Nairobi cara a 1986, é unha activista kenyana e investigadora en ciencia de materiais. É cofundadora e directora xeral do Instituto Mawazo.[1] É a directora de investigación do Energy for Growth Hub (Centro de Enerxía para o Crecemento).[2] Foi preseleccionada para o Premio Pritzker 2020 ao Xenio Ambiental Emerxente.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Mutiso estudou enxeñería no Dartmouth College,[4] antes de completar o seu doutoramento en Ciencias dos Materiais na Universidade de Pensilvania, no laboratorio de Karen I. Winey.[1][5] A súa tese centrouse nas propiedades dos materiais para a nanoelectrónica. Fixo o seu posdoutoramento como bolseira científica do Congreso 2013-14 no Instituto Americano de Física.[6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Mutiso foi bolseira no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos.[2]

O traballo de activismo de Mutiso céntrase en mellorar o acceso á enerxía en África de forma consciente co clima. A través do Instituto Mawazo, espera formar a máis mulleres nas habilidades de investigación e enxeñería necesarias para seguir desenvolvendo o sector enerxético kenyano. Formou parte da xunta consultiva da African Utility Week 2018. Avogou por unha orzamentación internacional do carbono que recoñeza tanto as emisións actuais comparativamente baixas das nacións africanas como que asigne un espazo para o seu desenvolvemento futuro cara a un maior consumo de enerxía.[7] Escribiu para Scientific American e tamén deu unha charla TED sobre o tema.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rose Mutiso". The Breakthrough Institute (en inglés). Consultado o 2021-03-18. 
  2. 2,0 2,1 "Rose Mutiso". The Rockefeller Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2022. Consultado o 2021-03-18. 
  3. "Rose M. Mutiso". Institute of the Environment and Sustainability at UCLA (en inglés). 2020-07-27. Consultado o 2021-03-18. 
  4. "Rose Mutiso | Dartmouth Global Summits". dartmouthglobalsummits.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-18. 
  5. "Group Alumni – Winey Lab" (en inglés). Consultado o 2021-03-18. 
  6. "AIP Congressional Science Fellows | Page 2 | American Institute of Physics". www.aip.org. Consultado o 2021-03-19. 
  7. "Financing for climate adaptation can drive Africa's economic development and climate goals". Impact Alpha (en inglés). 2020-12-21. Consultado o 2021-03-19. 
  8. Hill, Rose Mutiso,Katie. "Why Hasn't Africa Gone Digital?". Scientific American (en inglés). Consultado o 2021-03-18. 
  9. Mutiso, Rose M. "The energy Africa needs to develop -- and fight climate change" (en inglés). Consultado o 2021-03-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]