Rose Gottemoeller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRose Gottemoeller
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deputy Secretary-General of NATO (en) Traducir
2016 – outubro de 2019
← Alexander Vershbow (pt) TraducirMircea Geoană (en) Traducir →
16ª Under Secretary of State for Arms Control and International Security Affairs (en) Traducir
7 de marzo de 2014 – 12 de outubro de 2016
← Rose GottemoellerThomas M. Countryman (en) Traducir →
Under Secretary of State for Arms Control and International Security Affairs (en) Traducir
7 de febreiro de 2012 – 7 de marzo de 2014
← Ellen Tauscher (pt) TraducirRose Gottemoeller → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade George Washington (pt) Traducir
Upper Arlington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata

Rose Eilene Gottemoeller, nada en Columbus, Ohio, o 24 de marzo de 1953, é unha diplomática estadounidense especializada en temas relacionados con defensa, seguridade internacional e relacións con Rusia. Entre 2016 e 2019 foi vicesecretaria xeral da OTAN. Anteriormente fora subsecretaria de Estado para o Control de Armas e Seguridade Internacional no Departamento de Estado dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gottemoeller estudou na Universidade de Georgetown e na Universidade George Washington. Fala ruso con fluidez.

Carreira no Departamento de Estado dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Con Hillary Clinton á fronte do Departamento de Estado dos Estados Unidos participou nas negociacións do tratado START III con Rusia para a redución de arsenais nucleares.

Cando foi nomeada traballaba como subsecretaria xeral da administración Obama para o Control de Armas e Seguridade Internacional con John Kerry.[1][2][3][4][5][6]

Vicesecretaría xeral da OTAN[editar | editar a fonte]

Gottemoeller foi vicesecretaria xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte entre o 17 de outubro de 2016 e o 16 de outubro de 2019 co secretario xeral Jens Stoltenberg.[7] Foi a primeira muller en acceder ao cargo. Axudou a orientar a política da OTAN con Rusia, encargouse do traslado da Organización á nova sede e coordinou os esforzos da Alianza na loita contra o terrorismo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gottemoeller, Rose Eilene". State.gov. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  2. Bowron, Gottemoeller, and Michaels nominations: hearing before the Committee ... - United States. Congress. Senate. Committee on Energy and Natural Resources - Google Books. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  3. "Rose Gottemoeller Confirmed as U.S. Assistant Secretary of State for Verification and Compliance". Carnegieendowment.org. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  4. "President Obama Announces Key State Department Appointment". The White House Office of the Press Secretary. 17 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2011. 
  5. "Rose Gottemoeller Nominated as Assistant Secretary of State for Arms Control, Verification and Compliance". Carnegie Endowment for International Peace. 18 de marzo de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2011. 
  6. Hungo, Jun, "Japan Remembers Hiroshima Bombing With Call to Abolish Nuclear Arms", Wall Street Journal, 5 de agosto de 2015.
  7. "NATO Secretary General appoints Rose Gottemoeller as next Deputy Secretary General". Nato.int. 27 de xuño de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016. 
  8. "NATO bids farewell to Rose Gottemoeller, welcomes new Deputy Secretary General Mircea Geoană" (en inglés). 16 de outubro de 2019.