Rosaura López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosaura López
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1932 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rosaura López Lorenzo, nada en Pontevedra o 16 de marzo de 1932 e finada ibídem o 19 de setembro de 2005, foi unha criada galega que serviu a John Lennon e Yoko Ono no seu apartamento do edificio Dakota (Nova York) entre 1973 e 1980.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2005, escribiu un libro en castelán reflectindo este período: En casa de John Lennon, publicado por Hércules Ediciones. O libro contén fotos de John, Yoko e Sean xunto con algunhas postais que John e Yoko lle enviaron, xunto con algunhas anécdotas.[2]

Rosaura chegou a Queens (Nova York) en 1962 co seu marido Secundino e en 1970, empezou traballo como limpadora no Dakota. Cando Lennon chegou en 1973, os seus servizos foron incluídos como parte do paquete de alugueiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La asistenta gallega de Lennon desvela la vida cotidiana del artista". El Mundo. 17 de abril de 2005. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. González-Barba, Andrés (17 de maio de 2005). "Rosaura López: «Lennon era un compañero, un amigo y un buen padre»". ABC. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.