Saltar ao contido

Rosario de Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosario de Velasco
Biografía
Nacemento(es) Rosario de Velasco Belausteguigoitia Editar o valor en Wikidata
20 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1991 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFernando Álvarez de Sotomayor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata


Rosario de Velasco Belausteguigoitia, nada en Madrid o 20 de maio de 1904 e finada en Barcelona o 2 de marzo de 1991, foi unha pintora figurativa española integrante da Sociedade de Artistas Ibéricos e próxima á Nova obxectividade alemá.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Antonio de Velasco, oficial de cabalaría, e de Rosario Belausteguigoitia, unha muller vasca descendente de carlistas e de fortes conviccións relixiosas. Rosario de Velasco manifestouse ideoloxicamente próxima á Sección Feminina de Falanxe Española nos inicios desta.

Estudou con Fernando Álvarez de Sotomayor, retratista adscrito ao Rexionalismo galego. Este foi director do Museo do Prado de 1922 a 1931 e de 1939 a 1960, e introduciuna no estudo de Tiziano e mais de Velázquez.[2] En 1924 concorreu por primeira vez á Exposición Nacional de Belas Artes con dous óleos, Vieja segoviana e El chico del cacharro. En 1931 estivo presente no primeiro Salón español de Dibujantas, en que destacou entre as representadas como digna de mención e estima segundo o crítico Manuel Abril.[3][4]

En 1932 obtivo a segunda medalla de pintura na Exposición Nacional de Belas Artes co óleo Adán e Eva (Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía). Tratábase dunha obra representativa do retorno ao clasicismo ou «retorno á orde», experimentado polas vangardas europeas no período de entreguerras. Ese mesmo ano concorreu con esa obra ás exposicións organizadas pola Sociedade de Artistas Ibéricos en Copenhague e Berlín.[5]

Con El baño, presentado en 1931 no Salón de otoño, participou en 1935 na exposición que a Librería Internacional de Zaragoza dedicou exclusivamente a novas artistas e escritoras mozas. No evento colaboraron tamén Carmen Conde, Norah Borges, Menchu Gal e Josefina da Torre, entre outras. En 1936 presentou á frustrada Exposición Nacional dese ano Los inocentes ou La matanza de los inocentes (Museo de Belas Artes de Valencia), dun realismo cualificado de intimista.[6] En 1934 expuxo no Carnegie Institute de Pittsburgh (Estados Unidos) e en 1936 na Exposición de Arte Española que tivo lugar no Musée des Écoles Étrangères Contemporaines de París.[7]

Na casa do editor Gustavo Gili coñeceu a quen sería o seu marido, o médico Xavier Farrerons Co, con quen contraeu matrimonio na súa casa de Barcelona en 1937. O matrimonio fuxiu a continuación a Francia, cruzando a fronteira a pé para pasaren á zona sublevada. Alí naceu a súa única filla, María del Mar, e colaborou cos seus debuxos coa revista Vértice.

Acabada a Guerra civil española, a familia estabeleceuse definitivamente en Barcelona. Iniciaron unha etapa de intensa actividade pictórica, malia manterse sempre afastada das correntes artísticas e rodeada de amigos como Dionisio Ridruejo, Pere Pruna, Carmen Conde ou Eugeni d'Ors.

En 1944 foi seleccionada para o Segundo Salón de los Once, mostra organizada pola Academia Breve de Crítica de Arte impulsada por D´Ors para dar a coñecer a arte da primeira posguerra.[8]

Na ilustración de libros, amais da citada colaboración coa revista Vértice, ilustrou Cuentos para soñar (1928) e La bella del mal amor (1930) de María Teresa León, e Princesas del martirio de Concha Espina (1940).[8] Fixo, amais, algunha incursión na pintura mural en 1942, murais desaparecidos da capela da Residencia de Señoritas (rebautizada como Residencia de Señoritas "Teresa de Cepeda").[9]

En 1968 obtivo o Premio Sant Jordi compartido con Ignasi Mundó por La casa roja, obra característica da evolución da pintora. O seu estilo, agora de perfís esvaecidos a base de transparencias, irase apartando do clasicismo sen renunciar nunca á figuración.[10][11]

En 2019 foi incluída na exposición colectiva Dibujantas, pioneiras de la Ilustración no Museo ABC.

Exposicións

[editar | editar a fonte]
  • 1924: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid
  • 1932: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid
  • 1934: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid
  • 1935: Exposición colectiva dedicada a novas artistas e poetas. Participou coa obra El Baño de 1931. Libraría Internacional de Zaragoza
  • 1935: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid[12]
  • 1936: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid
  • 1939: Exposición Nacional de Pintura e Escultura de Valencia, organizada pola Delegación Provincial de Belas Artes da Falanxe Española
  • 1940: Exposición Galerías Augusta, Barcelona. Do 28 de decembro ao 10 de xaneiro de 1941[14]
  • 1941: Exposición Galerías de Arte. Barcelona. Do 1 ao 15 de outubro
  • 1941: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid
  • 1943: Pintura e Escultura Españolas na Sociedade Nacional de Belas Artes de Lisboa[16]
  • 1943: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona
  • 1944: II Salón de los Once. Galería Biosca. Madrid
  • 1944: Casa del Libro. Do 24 de xaneiro ao 6 de febreiro. Rolda de Sant Pere, 3. Barcelona
  • 1945: Galerías Pictoria. Caspe, 45. Barcelona[17]
  • 1947: Galería Argos. Passeig de Gràcia, 30. Barcelona. Do 26 de abril ao 9 de maio[18]
  • 1952: I Bienal Hispanoamericana de Arte: Exposición Antolóxica Museo de Arte Moderna: Barcelona
  • 1953: Galerías San Jorge (Passeig de Grácia 63, Barcelona) Do 16 ao 29 de maio
  • 1954: Exposición Nacional de Bellas Artes, coa obra Chico con Perro. Palacio Velázquez, Madrid[19]
  • 1955: Sala Gaspar, Consell de Cent, 323. Barcelona. Do 15 ao 28 de xaneiro
  • 1955: III Bienal Hispanoamericana de Arte. Palacio Municipal de Exposicións de Barcelona. Do 4 de setembro de 1955 ao 6 de xaneiro de 1956[20]
  • 1956: Galería Toisón. (Arenal 5, Madrid)
  • 1962: Salón Feminino de Arte Actual. Barcelona
  • 1966: Salón de maio X Edición. Barcelona[21]
  • 1968: VII Salón Feminino de Arte Actual. Sala Municipal de Arte (antiga capela do Hospital de la Santa Cruz) Barcelona[22]
  • 1971: Galería Biosca. R. Xénova, 11. Madrid. Do 11 ao 30 de xaneiro
  • 1971: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona. Do 3 ao 16 de decembro.[23]
  • 1974: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona. Do 8 ao 21 de marzo[24]
  • 1977: Sala Parés. Carrer Petritxol, 8. Barcelona. Do 26 de xaneiro ao 14 de febreiro
  • 1977: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona
  • 1977: Sala Gaspar, Barcelona
  • 1981: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 24 de outubro ao 12 de novembro
  • 1983: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 1 ao 31 de outubro
  • 1985: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) Do 4 de xullo ao 20 de agosto
  • 1988: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona)
  • 1989: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 4 de marzo ao 9 de abril
  • 2013: Centre Pompidou. Colectiva "Multiple Modernities 1905-1970" París[25]
  • 2019: Dibujantas, pioneras de la ilustración no Museo ABC, Madrid. Exposición colectiva
  • 2020: Dibujantas. Pioneras de la ilustración. Museo Pablo Gargallo, Zaragoza. Desde o 11 de decembro de 2019 ao 8 de marzo de 2021.[26] Exposición colectiva
  1. Esteban Leal, Paloma. "Rosario de Velasco. Adán y Eva". Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. González Orbegozo, Marta; Alix, Josefina; Replinger, Mercedes; Caso, Ángeles (23 de decembro de 2019). Dibujantas. Pioneras de la ilustración (en castelán). Museo ABC. ISBN 978-8494936074. 
  3. Alcaide, José Luis, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», Ars Longa, 6 (1995), pp. 49-56, p. 49.
  4. "Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España". hemerotecadigital.bne.es. Consultado o 2022-07-20. 
  5. Esteban Leal. "Rosario de Velasco. Adán y Eva". Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Consultado o 4 de septiembre de 2016.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  6. Alcaide, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», p. 52.
  7. Balló, Tània (2018). Las sinsombrero 2: ocultas e impecables (en castelán). Barcelona: Espasa-Calpe. ISBN 9788467052688. OCLC 1059528960. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Balló, Tània, 1977-. Las sinsombrero 2 : ocultas e impecables (Primera edición ed.). ISBN 9788467052688. OCLC 1059528960. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  9. "ABC MADRID 14-06-1942 página 16 - Archivo ABC". abc. 2019-08-05. Consultado o 2022-07-20. 
  10. Alcaide, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», pp. 53-54.
  11. Rius Vernet, Núria (2010). "Rosario de Velasco Belausteguigoitia" (en catalán). Xarxa vives d'universitats. Generalitat de Catalunya. Consell de Mallorca. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  12. "Exposición de Bellas Artes" (216-217). maio de 1935: 21, 46. 
  13. "Paris, Jeu de Paume des Tuileries. L'art espagnol contemporain (peinture et sculpture)". 12 de febreiro - marzo de 1936. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  14. «L'empremta de les dones artistes a la Barcelona de postguerra», MNAC.
  15. de Velasco, Rosario. "Adamo ed Eva". Archivio Storico delle Arti Contemporanee. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  16. d'Ors, Eugeni (14 de maio de 1944). "Rosariana". La Vanguardia. Hemeroteca: 9. 
  17. "Anuncio en La Vanguardia de exposición Rosario de Velasco en Galería Pictoria de Barcelona 1947". 
  18. "Critica en La Vanguardia sobre exposición de Rosario de Velasco en Galería Argos". 
  19. "Exposición Nacional de Bellas Artes, Madrid 1954. Artículo en La Vanguardia. Mención a obra de Rosario de Velasco". 
  20. "Artículo en La Vanguardia sobre la III Bienal Hispanoamericana del Arte en Barcelona 1955-6, participa Rosario de Velasco". 
  21. "Salón de Mayo, Barcelona X Edición 1966, La Vanguardia". 
  22. "VII Salón Femenino de Arte Actual, La Vanguardia 1968". 
  23. "Edición del viernes, 10 diciembre 1971, página 30 - Hemeroteca - Lavanguardia.es". hemeroteca.lavanguardia.com. Consultado o 2022-07-21. 
  24. "Anuncio exposición Sala Parés 1974" (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  25. "Rosario de Velasco" (en castelán). Consultado o 2021-07-10. 
  26. Zaragoza, Ayuntamiento de (2006-05-20). "Noticias.El Museo Pablo Gargallo acoge “Dibujantas”, una exposición que reúne 132 obras de 40 mujeres ilustradoras" (en castelán). Consultado o 2021-07-10. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Balló, Tania, Las sinsombrero 2. Editorial Espasa, Barcelona, 2018 ISBN 978-84-670-5268-8 . Capítulo 6, pp. 181-206

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]