Rosana Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosana Rodríguez López
Nacementoséculo XX
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmatemática
editar datos en Wikidata ]

Rosana Rodríguez López é unha docente e investigadora en matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rosana Rodríguez López é doutora en matemáticas, obtendo o doutoramento no ano 2005 coa tese doutoral "Solucións periódicas para ecuacións diferenciais non lineais" dirixida por Juan José Nieto Roig.

Membro do antigo Departamento de Análise Matemática e actual Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, é docente investigadora e vicedecana da Facultade de Matemáticas dende 2017 e coordinadora do grao en Matemáticas.[1] Anteriormente gozou dunha Bolsa de Formación para Persoal Investigador (FPI) e foi docente en centros de secundaria.

É de destacar así mesmo o seu labor como divulgadora, principalmente no ámbito local da cidade de Santiago.[1]

Os seus campos de investigación son as ecuacións diferenciais e a matemática difusa.[1]

Obtivo o recoñecemento mundial da comunidade matemática en 2005, cando publicou na revista Order o artigo “Contractive Mapping Theorems in Partially Ordered Sets and Applications to Ordinary Differential Equations”, xunto a Juan José Nieto. Este traballo é un dos máis citados no ámbito académico matemático de orixe española.[2][3] Desde entón asinou preto de setenta traballos de análise matemática, con alto grao de citación.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 CSIC - UAM - UC3M - UCM (Segundo semestre 2018). "She does maths: Rosana Rodríguez López" (PDF). Consultado o 17 de mao de 2019. 
  2. Portillo, Elena (21 de setembro de 2018). "El Año de la Biología Matemática" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2019. 
  3. "Seis científicas españolas que parten el bacalao ahora mismo" (en castelán). 6 de decembro de 2016. Consultado o 17 de maio de 2019. 
  4. Redacción (2018-01-16). "Os matemáticos da USC Rosana Rodríguez e Juan José Nieto, entre os máis citados do mundo". GCiencia. Consultado o 2020-08-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]