Saltar ao contido

Rosamunde Pilcher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosamunde Pilcher
Biografía
Nacemento(en) Rosamunde Scott Editar o valor en Wikidata
22 de setembro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Lelant Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Longforgan Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
EducaciónHowell's School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, amo de casa, novelista, secretario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRomance Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJane Fraser Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosRobin Pilcher Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0683362 Allmovie: p313907
Facebook: rosamunde.pilcher BNE: XX1085503 Dialnet: 2503356 Discogs: 3421144 WikiTree: Scott-36197 Editar o valor en Wikidata

Rosamunde Pilcher, nada en Lelant (Cornualla) o 22 de setembro de 1924 e finada en Longforgan (Escocia) o 6 de febreiro de 2019[1], foi unha escritora británica de novela romántica, literatura popular feminina e relatos, desde 1949 até a súa xubilación en 2000. As súas obras venderon máis de 60 millóns de exemplares.[2] Nos comezos da súa carreira publicou co pseudónimo de Jane Fraser.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Helen (nada Harvey) e Charles Scott, un comandante do exército británico.[1]. Antes do seu nacemento o seu pai foi destinado a Burma, mentres que a nai quedou en Cornualla.[3] Foi á Escola de St. Clare en Penzance, á Howell's School Llandaff e á Escola de Secretaría de Miss Kerr-Sanders.[4] Comezou a escribir con sete anos, e publicou o seu primeiro relato con quince.[5]

Entre 1943 e 1946 serviu no Women's Royal Naval Service. O 7 de decembro de 1946 casou con Graham Hope Pilcher,[4] veterano de guerra e empresario do iute, finado en marzo de 2009.[6] Instaláronse en Dundee (Escocia), e tiveron dúas fillas e dous fillos.[7] O seu fillo, Robin Pilcher, tamén é escritor.[8]

En 1949 publicou a súa primeira obra, unha novela romántica editada por Mills and Boon, baixo o pseudónimo de Jane Fraser. En 1955 comezou a publicar co seu nome real coa obra Secret to Tell, e en 1965 abandonou de forma definitiva o pseudónimo literario.[4]

En 1987 comezou o seu éxito coa súa décimo cuarta novela, a saga familiar The Shell Seekers.[9] A protagonista é Penelope Keeling, unha muller maior que a través de analepses rememora a súa vida e a súa relación cos seus fillos xa adultos. A vida de Keeling non foi extraordinaria, pero "esténdese por un tempo de grandes cambios no mundo"[5] A novela describe as rutinas da vida durante a segunda guerra mundial en Gran Bretaña.[5] The Shell Seekers vendeu uns dez millóns de exemplares e foi traducida a máis de cuarenta linguas.[1] Amais foi adaptada a obra de teatro por Terence Brady e Charlotte Bingham.[7]

Coa novela Coming Home gañou en 1196 o Premio á Novela Romántica do ano da Romantic Novelists' Association.[10] A presidenta desta asociación en 2019, Katie Fforde, consideraba Pilcher como "innovadora por ser a primeira que levou as sagas familiares ao público xeral".[9] Felicity Bryan, no seu obituario en The Guardian, destacaba que Pilcher tomara o xénero romántico a un alto nivel, e destaca que a súa literatura é máis prosaica ca romántica.[1]

En 2002, dous anos despois da súa xubilación, foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE).[11]

Como Jane Fraser

[editar | editar a fonte]
  • Half-Way To The Moon (1949)[12]
  • The Brown Fields (1951)[12]
  • Dangerous Intruder (1951)[12]
  • Young Bar (1952)[12]
  • A Day Like Spring (1953)[12]
  • Dear Tom (1954)[12]
  • Bridge of Corvie (1956)[12]
  • A Family Affair (1958)[12]
  • A Long Way from Home (1963)[12]
  • The Keeper's House (1963)[12]

Como Rosamunde Pilcher

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 Felicity, Bryan (7 de febreiro de 2019). "Rosamunde Pilcher obituary". The Guardian (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2019.
  2. ↑ "Rosamunde Pilcher obituary". The Times (en inglés). 7 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019.
  3. ↑ Colby, Vineta (1995). World authors, 1985-1990. H.W. Wilson. p. 970.
  4. 1 2 3 Bruns, Ann (11 de agosto de 2000). "Biography: Rosamunde Pilcher". Book Reporter (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012.
  5. 1 2 3 Binchy, Maeve (7 de febreiro de 1988). "War and Change Come to Temple Pudley". New York Times (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012.
  6. ↑ "Army Obituaries: Graham Pilcher". The Daily Telegraph. 3 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-19. Consultado o 1 de setembro de 2012.
  7. 1 2 Butt, Riaza (25 de febreiro de 2004). "Pilcher's winning formula". Manchester Evening News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 1 de setembro de 2012.
  8. ↑ "Talking with Robin Pilcher". AudioFile (en inglés). abril-maio de 2004. Consultado o 2012-09-01.
  9. 1 2 Flood, Alison (7 de febreiro de 2019). "Rosamunde Pilcher, author of The Shell Seekers, dies aged 94". The Guardian (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2019.
  10. ↑ "Romantic Novel of the Year". 12 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 04 de xullo de 2019.
  11. ↑ "Honours in the arts world". BBC News (en inglés). 31 de decembro de 2001. Consultado o 1 de setembro de 2012.
  12. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 The Writers Directory 1980–82. Springer/Macmillan. 2016 [1979]. p. 981. ISBN 9781349036509.
  13. ↑ "The carousel". WorldCat. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
  14. ↑ "Voices in summer". WorldCat. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
  15. 1 2 3 4 Musumeci, Robin (2010). "Pilcher, Rosamunde (1924– )". En Geoff Hamilton; Brian Jones. Encyclopedia of American Popular Fiction. Infobase Publishing. pp. 266–67. ISBN 9781438116945.
  16. ↑ "The key". WorldCat. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
  17. ↑ "The blue bedroom and other stories". WorldCat. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
  18. ↑ "Flowers in the rain & other stories". WorldCat. Consultado o 9 de febreiro de 2019.