Rosalía Morlán Vieites
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Trazo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , enfermeira |
Rosalía Morlán Vieites, nada en Trazo en 1959 é unha enfermeira, escritora e docente galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É diplomada en Enfermaría (DUE), e profesora asociada da Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela.
Das súas obras destacan, en poesía para adultos, Nas rúas de Compostela (2016) e Camelias de amor (2021), e en infantil A coitada lúa (2010, mención de honra do Premio ARUME de poesía 2009), Estrelas de azucre (2012), O castelo da Rocha Forte (2014), Canta a lúa coas estrelas (2015), O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). Tamén publicou a obra de teatro infantil O libro do mundo dos soños (2013).
Acadou o Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011 e o Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018, polo poema Amaneciendo el olvido),[1] entre outros.
Dende hai anos vai aos colexios para falar de poesía con nenas e nenos de tres a catorce anos[2]. É secretaria da Fundación Xosé Neira Vilas.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía para adultos
[editar | editar a fonte]- Nas rúas de Compostela (2016).
- Camelias de amor (2021).
Poesía infantil
[editar | editar a fonte]- A coitada lúa (2010).
- Estrelas de azucre (2012).
- O castelo da Rocha Forte (2014).
- Canta a lúa coas estrelas (2015).
- O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019).
Teatro infantil
[editar | editar a fonte]- O libro do mundo dos soños (2013).
Narrativa infantil
[editar | editar a fonte]- Cando o avó esqueceu o meu nome (2023). Vigo: Editorial Galaxia. Colección Árbore. Ilustracións de María Belén Rodríguez Pazo. ISBN: 978-84-1176-146-8[3].
Distincións
[editar | editar a fonte]- Mención de honra do Premio Arume de poesía 2009 por A coitada lúa.
- Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011.
- Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018).
- Accésit Premio de Literatura infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer 2022 por Cando o avó esqueceu o meu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (24 de marzo de 2018). "Rosalía Morlán, ganadora del premio Hernán Esquío". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑ "Morlán Vieites, Rosalía". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Cando o avó esqueceu o meu nome". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-10-01.