Rosa de Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa de Lima
SANTA ROSA DE LIMA.JPG
Nacemento20 de abril de 1586
 Lima
Falecemento24 de agosto de 1617
 Lima
Causacancro
SoterradaPerú
NacionalidadePerú
Relixióncatolicismo
Ocupaciónrelixiosa cristiá
PaiGaspar Flores
editar datos en Wikidata ]

Santa Rosa de Lima, nada en Lima o 20 de abril de 1586 e finada na mesma cidade o 30 de agosto de 1617, foi unha mística terciaria dominica canonizada polo papa Clemente X en 1671.[1]

Entre os santos nados en América (chamada no século XVII Indias Occidentais), santa Rosa de Lima foi a primeira en recibir o recoñecemento canónico da Igrexa católica.[1] Foi proclamada excelsa patroa de Lima, do Perú (en 1669), do Novo Mundo e as Filipinas (en 1670).[1] Ademais, é patroa de institutos educativos, policiais e armados: Universidade Católica Santa Rosa de Venezuela, Policía Nacional da República do Perú e as Forzas Armadas da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en 1586 como Isabel Flores de Oliva, era filla de Gaspar Flores, arcabuceiro natural de Baños de Montemayor, municipio da provincia de Cáceres (España) e de María de Oliva e Herrera. Así o asegura a placa na Casa das Flores, a cal aínda se conserva no devandito pobo cacereño. En 1545, Gaspar saíu de España e despois de pasar por Porto Rico e Panamá, que formaban parte do vicerreinado de Nova España, chegou ao Perú en 1547 como soldado do pacificador Pedro da Gasca, quen restableceu a Real Audiencia en 1549, recuperando o dominio da Coroa tras a usurpación do poder por Gonzalo Pizarro, gobernante do Perú entre 1544-1548. Gaspar Flores foi nomeado arcabuceiro o 9 de marzo de 1557, por don Andrés Furtado de Mendoza, terceiro vicerrei do Perú entre 1556-1561. O 1 de maio de 1577 casou, en Lima, coa crioula limeña María de Oliva e Herrera, apelidos procedentes de Aragón. Ese mesmo ano servía de arcabuceiro na garda do V vicerrei Francisco de Toledo (1569-1581).

José Manuel Bermúdez, un dos seus biógrafos, contribuíu a estender a opinión de que o nacemento de Rosa ocorreu o día 30 de abril, pero nos rexistros do proceso ordinario recóllese que a nai de Rosa e outras persoas —entre elas frei Pedro de Loaiza, confesor de Rosa e o seu primeiro biógrafo— declararon como data do seu nacemento o día 20 de abril.[2] Isabel ou Rosa foi a cuarta dos trece fillos nados do matrimonio Flores de Oliva. Foi bautizada o 25 de maio de 1586, na parroquia de San Sebastián, en Lima, polo sacerdote Antonio Polanco, sendo os seus padriños Hernando de Baldés e María Osorio. Dos seus doce irmáns, soamente se coñecen nove:[3]

  • Gaspar Flores de Oliva, o primoxénito, bautizado na parroquia de San Sebastián o 1 de xuño de 1579. Foi soldado, servindo nas guerras de Chile, onde alcanzou o grao de capitán.[4]
  • Bernardina Flores de Oliva, bautizada o 13 de xuño de 1581. Morreu en Quives aos 14 ou 15 anos.
  • Hernando Flores de Oliva, bautizado o 24 de maio de 1584. Dedicouse á agricultura e morreu en 1627.
  • Francisco Flores de Oliva, bautizado o 6 de xuño de 1590. Morreu novo.
  • Juana Flores de Oliva, bautizada o 11 de setembro de 1592. Saíu na procesión en honra de Santa Rosa en agosto de 1669.
  • Antonio Flores de Oliva, bautizado o 8 de xullo de 1594. En 1688 vivía en Condoroma, na serra sur do Cuzco. O vicerrei Conde de Lemos, en carta dese ano, recomendouno á Raíña Gobernadora de España.[5]
  • Andrés Flores de Oliva, bautizado o 21 de setembro de 1596. Vivía en 1620.
  • Francisco Matías Flores de Oliva, vivía en 1620.
  • Jacinta Flores de Oliva, bautizada o 25 de abril de 1603 de emerxencia, aos dous meses de idade.

A eles hai que engadir tres nenos ou nenas, que deberon morrer inmediatamente despois de naceren, pois parece que ningún deles chegou a bautizarse.[3]

A tradición e algúns cronistas sinalan que Isabel Flores de Oliva naceu nunha aldea chamada A Puntillá, na illa de Taboga (en Panamá)[Cómpre referencia] Esta información foi refutada no "proceso de canonización", publicado nos arquivos do Vaticano.[Cómpre referencia] Despois do seu nacemento, a familia partiu da illa para establecerse na cidade de Lima.

A súa infancia foi común e nada rechamante. O seu compañeiro de xogos foi o seu irmán Hernando, o cal sempre a apoiou e axudou. Aos doce anos mudouse coa súa familia cara a Quives, un pobo a 60 quilómetros de Lima situado no val Chillón. É aquí onde ela recibirá a confirmación de mans do futuro santo católico Toribio de Mogrovejo. É en Quives onde, ao parecer, empezou coas súas mortificacións contraendo unha reuma moi forte, con consecuencias dolorosas para a súa recuperación, que ela ocultaba á súa nai.

Así pois, o día da súa confirmación no pobo de Quives, o arcebispo Toribio de Mogrovejo, chamouna Rosa. Aínda que a mortificaba que a chamasen así, aos 25 anos aceptou e quixo que a chamasen «Rosa de Santa María» porque, segundo relatou a súa nai, foi conversar cun sacerdote á igrexa de Santo Domingo manifestándolle a molestia que lle causaba que a chamasen "Rosa", pero o sacerdote tranquilizouna dicíndolle: "Pois, filla, ¿non é a vosa alma como unha rosa na que se recrea Xesucristo?" [Cómpre referencia]. Con isto quedou tranquila e segura do nome que lle deron. Máis adiante, segundo os seus biógrafos, ela afirmou que en episodios de tipo místico, a Virxe da Mercé e o Neno Xesús (cando casou con el en desposorio místico) lle confirmaron o nome [Cómpre referencia].

Regresou a Lima coa súa familia sendo nova. Debido aos problemas económicos da familia, traballaba o día enteiro no horto e adoitaba bordar con gran esmero para diferentes familias da cidade e así axudar ao sostemento do seu fogar.

A pesar de todo, atopábase conforme coa súa forma de vida e non trataría de cambiala se non fose pola insistencia dos seus pais en casala. Rosa resistiu durante máis de dez anos e finalmente fixo voto de virxindade. Ao cabo duns anos ingresou na Terceira orde de Santo Domingo a imitación de santa Catarina de Siena.

A partir de entón recluíuse, practicamente, na ermida que ela mesma construíu, con axuda do seu irmán Hernando, nun extremo do horto da súa casa. Só saía para visitar o templo da nosa Señora do Rosario e atender as necesidades espirituais dos indíxenas e os negros da cidade. Tamén atendía a moitos enfermos que se achegaban á súa casa buscando axuda e atención, creando unha especie de enfermería na súa casa. Moitos biógrafos escriben que axudaba a frei Martiño de Porres, o cal non está probado no texto do "Proceso de Martín de Porres" (Lima 1579-1639), santo desde 1962.

Santa Rosa e a defensa de Lima[editar | editar a fonte]

Claustro de Santa Rosa de Lima.

En 1615, buques corsarios neerlandeses decidiron atacar a cidade de Lima, aproximándose ao porto do Callao en días previos á festa da Madalena. A noticia correu pronto até Lima e con iso a proximidade e desembarco no Callao, o que alterou os ánimos dos cidadáns. Ante isto, Rosa reuniu as mulleres de Lima na igrexa da nosa Señora do Rosario para orar ante o Santísimo pola salvación de Lima. Apenas chegada a noticia do desembarco, Rosa subiu ao altar, e cortando os vestidos e remangados os hábitos puxo o seu corpo para defender a Cristo no sagrario. Os ánimos da veciñanza eran alarmantes, chegando a fuxir moitos de Lima cara a lugares distantes. Misteriosamente o capitán da frota neerlandesa faleceu no seu barco días despois, o que supuxo a retirada das súas naves, sen atacar o Callao. En Lima todos atribuíron o milagre a Rosa e por iso nas súas imaxes é representada portando a cidade sostida pola áncora.

Desposorio místico[editar | editar a fonte]

Un dos momentos importantes da súa vida foi o "desposorio místico", ocorrido o Domingo de Ramos de 1617, na capela do Rosario (Templo de San Domingos de Lima). Rosa, ao non recibir a palma que debía portar na procesión, pensou que era unha mensaxe de Deus por algunha ofensa que realizara. Aflixida dirixiuse á capela coa imaxe do Rosario e orando ante a Santísima Virxe, sentiu o chamado do Neno Xesús da imaxe, que lle dixo: "Rosa do meu Corazón, eu quérote por Esposa", ao que ela en éxtase respondeu: "Aquí tes Señor a túa humilde escrava" [Cómpre referencia].

Na Arxentina e no Uruguai polo mes de agosto ocorre a "Tormenta de Santa Rosa". A tradición atribúe a Rosa a orixe deste fenómeno natural que logrou a fuxida dos inimigos de terras peruanas.

Últimos días e tránsito[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Domingos (Lima), onde se atopan os restos mortais de Santa Rosa.

Xa preto do final da súa vida, caeu gravemente enferma. Pasou os últimos tres meses na casa de Gonzalo da Maza, un contador notable do goberno do vicerreinado, cuxa familia lle tiña particular agarimo. Neste lugar levántase hoxe o Mosteiro de Santa Rosa de Lima.

No leito de morte, Gonzalo da Maza fixo retratar o rostro de Rosa. Para iso chamou ao pintor italiano Angelino Medoro, quen realizou o primeiro testemuño da súa aparencia física.

Morreu aos trinta e un anos de idade nas primeiras horas do 24 de agosto de 1617, festa de San Bertomeu, como ela mesma profetizou e conta o padre Leonardo Hansen. O día das súas exequias e enterro, os devotos abalanzábanse sobre o seu corpo para arrincarlle a vestimenta en busca dun recordo, aclamándoa como santa. Hoxe os seus restos venéranse na basílica da nosa Señora do Rosario de Lima (San Domingos), con notable devoción do pobo peruano e de América que visita a capela dedicada ao seu culto no cruceiro do templo dominicano.

Post mortem[editar | editar a fonte]

“Retrato póstumo de Santa Rosa”, lenzo do artista italiano Angelino Medoro que foi pintado poucas horas despois do falecemento da santa, o 24 de agosto de 1617.

O seu enterro foi un dos máis notables que viviu a cidade de Lima [Cómpre referencia]. Na casa da familia Da Maza formáronse grandes multitudes para contemplar a Rosa. O xentío houbo de esperar ao seu traslado cara á Igrexa do Rosario. Ao traslado acudiron o vicerrei, o Cabido Secular e Eclesiástico, as ordes relixiosas presididas pola orde de Santo Domingo de Guzmán, os oidores e persoas notables.

Reconstrución facial de Santa Rosa de Lima, realizada polo equipo brasileiro de Antropoloxía Forense e Odontoloxía Legal (Ebrafol), agosto 2015.

Houbo de requirirse a forza da garda do vicerrei para impedir que Rosa fose desvestida polos devotos que desexaban levar algunha reliquia. Aínda así, tiveron que cambiarlle tres veces os hábitos e mesmo no traslado algún irreverente seccionou unha das súas dedas.

A devoción do pobo excedeuse a tal punto que en poucos anos tiveron que retirala da cripta e colocala na Igrexa do Rosario.

Devoción[editar | editar a fonte]

A súa casa (O Santuario), situada no centro de Lima, é visitada anualmente por miles de devotos, peregrinos e turistas [Cómpre referencia] que percorren os ambientes que estiveron directamente ligados á súa vida e caridade cara ao próximo.

Consérvase como reliquia a ermida onde ela rezaba. Preto hai un pozo de vinte metros de profundidade onde os seus devotos depositan os seus desexos escritos. Tamén se conserva a habitación onde durmía, a habitación (O Corazón do Santuario) na que naceu e a enfermería onde atendía aos seus irmáns necesitados.

A Basílica-Santuario foi empezada a construír logo da súa canonización, con posteriores restauracións durante os séculos XVII-XX. Houbo de ser remodelada e foi inaugurada finalmente o 24 de agosto de 1992, Este lugar é principal punto de peregrinación de todo o Perú e o seu arraigamento popular é comparable ao da Virxe de Guadalupe en México [Cómpre referencia].

Escribíronse preto de 400 biografías sobre ela [Cómpre referencia], e pintáronse máis de mil rostros en lenzos, estampas e esculturas feitos [Cómpre referencia], entre outros, por renomeados artistas como Francisco de Zurbarán, Claudio Coello, Angelino Medoro, Daniel Hernández, Teófilo Castelo, Francisco González e Sérvulo Gutiérrez.

A partir das reformas ao calendario litúrxico introducidas no Concilio Vaticano II, a festa de santa Rosa de Lima é o 23 de agosto (data que se celebra en España).[6] Anteriormente celebrábase o día 30 de agosto, e esa é a data que se mantén no Perú e outros países latinoamericanos dos que é patroa, e tamén no rito romano tradicional.[7][8]

Na República do Perú é un día festivo e a súa imaxe (descuberta o día da canonización en 1671, na Catedral) percorre as rúas de Lima. No mes de agosto réndese culto solemne á santa no Distrito de Barranco Lima-Perú que culmina co percorrido procesional do día 30 de agosto.

Glorificación[editar | editar a fonte]

A poucos días da súa morte, reuníronse numerosos testemuños sobre a súa vida e virtudes. En 1634 presentouse a Roma a causa de beatificación, que se realizou no Convento Dominico de Santa Sabina en Roma, en 1668. Foi canonizada por Clemente X o 12 de abril de 1671, proclamándoa "Principal Patroa do Novo Mundo". En Lima, Roma, España e todos os países de América e Europa, celebráronse festas suntuosas en honra da primeira santa natural de América.

Os Pontífices nas súas respectivas bulas proclamárona santa co nome de "Rosa de Santa María", que posteriormente houbo de converterse en Rosa de Lima, nome toponímico común a moitos santos no orbe cristián.

A tradición conta que o Papa Clemente X, logo de ouvir os argumentos sobre a súa canonización dixo: "Hum! Patroa e Santa! E Rosa? que chova flores sobre o meu escritorio si é verdade"[9], e a resposta ao instante foi unha fragrante choiva de rosas sobre a mesa do Papa, quen nese momento procedeu á canonización.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Marques, Luis Carlos L. (2000).
  2. Vargas Ugarte, Rubén (2004). La flor de Lima: santa Rosa. Lima: San Pablo. p. 15. ISBN 9972-05-024-6. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 P. Ángel Peña O.A.R.: Santa Rosa de Lima, La Alegría de Dios (acceso de 9 febreiro de 2016).
  4. En 1709 ingresou no Mosteiro de Santa Rosa Laura Rosa Flores de Oliva, filla do capitán Gaspar Flores e de doña Isabel Arsave, sendo sobriña-neta de Santa Rosa, ao ser neta do tamén capitán Gaspar Flores de Oliva.
  5. Ruben Vargas Ugarte: La Flor de Lima Santa Rosa, p. 14 (acceso 9 de febreiro de 2016).
  6. Conferencia Episcopal Española. Calendario litúrgico-pastoral 2009-2010 (PDF). p. 248. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 31 de marzo de 2010. Consultado o 03 de agosto de 2016. Agosto 23, lunes de la XXI semana del tiempo ordinario, Feria o Santa Rosa de Lima, Memoria libre 
  7. Misioneros del Sagrado Corazón del Perú. "Santoral Oficial de la Iglesia Católica ofrecido por los MSC Misioneros del Sagrado Corazón". 
  8. Rodolfo Vargas Rubio. "Santa Rosa de Lima, patrona del Perú, las Indias y Filipinas". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 03 de agosto de 2016. La fiesta de la virgen limeña se estableció el 30 de agosto. Con los cambios del calendario de 1969, se trasladó al 23 de agosto, pero la costumbre inveterada del Perú y de América, hizo que Pablo VI concediera que en los países de los que es patrona se siguiera celebrando en la fecha original, que es la que se observa también en el rito romano clásico. 
  9. Revista de la Guardia Civil del Perú, Ano LVI, Nº 434, Novembro-decembro de 1988, páxina 68.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]