Rosa Pons i Fábregas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa Pons i Fábregas
Rosa Pons i Fábregas.jpg
Nome completoRosa Pons i Fábregas
Nacemento1902
 Barcelona
Falecemento1988
 Parada de Sil
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e pedagoga
editar datos en Wikidata ]

Rosa Pons i Fábregas, nada en Barcelona en 1902 e finada en Parada de Sil en 1988, foi unha mestra e pedagoga catalá afincada en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Destinada a Parada de Sil en 1925 como castigo da ditadura de Primo de Rivera polo seu catalanismo, acabou instalándose alí, casando en 1927 e tendo fillos. Alí puxo en práctica a pedagoxía da Escola Nova.

En 1932 e 1933 organizou as Misións Pedagóxicas, xunto co mestre Alfonso García Rojo. Xuntaron as dúas escolas, para tentar a graduación e a coeducación, como vantaxes pedagóxicas.

En xuño de 1933 decidiu trasladarse a Barcelona, no Ramón Llull, primeiro, e no Isaac Albéniz, máis tarde, onde chegou a xubilarse como directora. Consérvanse uns cadernos de aulas, escritos en catalán polo seu alumnado durante os anos 1934 e 1936.

Durante o franquismo traballou aqueles aspectos que o réxime non acada a ver como perigosos: o teatro.

Unha vez xubilada en 1967, regresou a Parada de Sil e fixo traballo comunitario. Xuntou a veciñanza para a preservación das festas e tradicións populares a través do Teleclube.

En 2009 recibiu unha homenaxe do Concello de Parada de Sil, que lle deu o seu nome a unha praza e promoveuse a edición dunha biografía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]