Rosa Novell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa Novell
Rosa Novell.jpg
Rosa Novell en 2009
Nome completoRosa Novell Clausells
Nacemento1953
LugarBarcelona, Cataluña Cataluña
Falecemento27 de febreiro de 2015 (61 anos)
LugarBarcelona, Cataluña Cataluña
CausaCancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Autónoma de Barcelona
Cónxuxe(s)Eduardo Mendoza
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Rosa Novell Clausells, nada en Barcelona en 1953 e finada na mesma cidade o 27 de febreiro de 2015, foi unha actriz e directora escénica catalá. Era irmá do xornalista e actor Queco Novell e dona do escritor Eduardo Mendoza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou no teatro en 1974 con "Les Troianes", traballando en numerosas obras dende entón como "La Senyora Florentina i el seu amor Homer" (1995) de Sándor Márai, "La noche de Molly Bloom" (2000), "Coriolano" (2002) de Shakespeare, "Zona zero (2003)", "Fi de partida" (2005), "Vells temps" (2006) e "Mòbil" (2007). Tamén participou en filmes e series de televisión, como Nissaga de poder ou El cor de la ciutat.

En outubro de 2014 reapareceu nos escenarios despois de quedar cega a causa do cancro de pulmón que padecía e que finalmente non puido superar. Faleceu o 27 de febreiro de 2015.[1]

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Interpretación en 1988.
  • Creu de Sant Jordi en 2007.
  • Premio Butaca Honorífica á súa traxectoria en 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]