Rosa María Rodríguez Magda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa María Rodríguez Magda
Rosa María Rodríguez Magda.jpg
Nome completoRosa María Rodríguez Magda
Nacemento1957
Lugar de nacementoValencia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónfilósofa
Coñecida porTransmodernidade
PremiosJovellanos International Essay Award
Na rede
Dialnet: 85942
editar datos en Wikidata ]

Rosa María Rodríguez Magda, nada en Valencia en 1957, é unha filósofa e escritora española, especialista en pensamento contemporáneo e feminismo. Acuñou en 1989 o termo de "transmodernidade".[1] Exerceu a crítica literaria e desenvolvido unha ampla actividade na xestión cultural e editorial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Doutora cum laude en filosofía e Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade de Valencia.[1]

Aos vinte e cinco anos obtén unha cátedra de Filosofía de ensino secundario, e posteriormente acredítase como Profesora Contratada Doutora en Universidades Públicas. Foi profesora convidada, entre outras universidades, na Université de Paris VIII-Vincennes à Saint-Denis, Université Paris VII, Université de Paris-Dauphine, Universidade Autónoma de México, Universidade de Porto Rico Recinto de Río Piedras (Porto Rico), New York University etc.

Foi, desde 1994 e até marzo de 1997, Presidenta da Asociación Valenciana de Críticos Literarios.

Desde 1996 e até a súa extinción en decembro de 2003, Directora Cultural da Fundación Valencia Terceiro Milenio - UNESCO.

Desde 2000 a 2011, Membro do Consell Valencià de Cultura.

Desde 1998 a 2015, Directora da aula de Pensamento e da revista Debats. Institución Alfonso o Magnánimo (CECEL-CSIC). Debats.

Desde 2009 a 2017, Directora da Casa Museo-Centro de Investigación Vicente Blasco Ibáñez

Exerceu a crítica literaria e de opinión de forma habitual no diario Las Provincias Valencia, o diario Pueblo Madrid, a Revista Ahora, Madrid e El País, edición da Comunidade Valenciana. Colaborando así mesmo en múltiples revistas especializadas: Claves de la Razón Práctica, Leer, El viejo Topo, Isegoria, Veintiuno, República de las Letras, Cuadernos de pensamiento político, Arte internacional (Colombia), Lateral, Asparkía, Interlitteraria (Estonia), Plural (Porto Rico)... (Con máis de trescentos artigos publicados).[Cómpre referencia]

Foi xurado nos premios: “Ciudad de Valencia”, “Valencia”, “Joaquín Garrigues Walker”, “Nacional de Ensaio”, “Príncipe de Asturias en ciencias sociais”.

Vén desenvolvendo un amplo labor na xestión cultural como organizadora de múltiples Congresos internacionais, encontros universitarios, exposicións artísticas, actividades en colaboración coa UNESCO... coa participación das máis recoñecidas personalidades mundiais da cultura.

Promotora e asinante da Declaración de Responsabilidades e Deberes Humanos (Presentada ante a Asemblea Xeral da UNESCO).[Cómpre referencia]

Textos seus foron traducidos ao inglés, francés, italiano, alemán, checo e estoniano.

En 1989 acuñou o termo transmodernidade, desenvolvendo dita teoría nas súas obras.[1]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Juan Gil Albert de ensaio (1996),
  • Da Crítica Valenciana, (1999),
  • Premio Internacional de Ensaio Jovellanos (2008).[2]
  • Celia Amorós de ensaio (2019).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Discurso/Poder, Madrid, EDE col. Teoría y práctica, 1984. (Ensaio).
  • La seducción de la diferencia, Valencia, ed. Victor Orenga, 1987. (Ensaio).
  • En alguna casa junto al mar, Valencia, ed. Victor Orenga.1987. (Narrativa). Segunda edición: Valencia, editorial Palmart, 2002.
  • La sonrisa de Saturno. Hacia una teoría transmoderna, Barcelona, ed. Anthropos, 1989. (Ensaio).[3]
  • Tríptico, Madrid, ed. Endymion, 1992. (Narrativa).
  • Femenino fin de siglo. La seducción de la diferencia (reedición corrixida e aumentada de: La seducción de la diferencia), Barcelona, ed. Anthropos, 1994.
  • Las palabras perdidas, Madrid, Huerga & Fierro, 1997. (Aforismos).
  • El modelo Frankenstein. De la diferencia a la cultura post (Premio Juan Gil Albert de Ensaio 1996), Madrid, ed. Tecnos, decembro de 1997.
  • Y de las pavesas surgió el frío, Valencia, ed. Palmart, 1998. (Aforismos)
  • Foucault y la genealogía de los sexos, Barcelona, ed. Anthropos, 1999. (Ensaio)
  • El deseo y la mirada, Valencia, ed. Palmart, 2003. (Poesía)
  • El placer del simulacro, Barcelona, ed. Icaria, 2003. (Ensaio)
  • Transmodernidad, Barcelona, ed. Anthropos, 2004. (Ensaio)[4]
  • La España convertida al islam, Barcelona, Áltera, 2006. (Ensaio)
  • Inexistente Al Andalus. De cómo los intelectuales reinventan el Islam, (Premio Internacional de Ensayo Jovellanos 2008) Oviedo, Nobel, 2008.
  • Razón digital y vacío, Valencia, Alfons el Magnànim, 2010. (Ensaio)
  • Mínima Inmoralia, Sevilla, Los libros de Umsaluoa, 2011. (Poesía)
  • Encuentro en el Café de Flore con Simone de Beauvoir, Madrid, Sequitur, 2017. (Ensaio e ficción)
  • De playas y espectros. Ensayo sobre pensamiento contemporáneo, Valencia, Pre-textos, 2017. (Ensaio)
  • La mujer molesta. Feminismos postgénero y transidentidad sexual, Madrid, Ménades, 2019 (Ensaio)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 García Aguilar, Ma. del Carmen. "Filosofía práctica: reflexiones desde la transmodernidad" (PDF). ISBN 978-607-525-227-8. 
  2. "Premio Jovellanos - Otras Ediciones". 2009-05-08. Archived from the original on 08 de maio de 2009. Consultado o 2021-01-19. 
  3. Magda, Rosa María Rodríguez (1989). La sonrisa de Saturno: hacia una teoría transmoderna (en castelán). Anthropos Editorial. ISBN 978-84-7658-188-9. Consultado o 2021-01-19. 
  4. Magda, Rosa María Rodríguez (2004). Transmodernidad (en castelán). Anthropos Editorial. ISBN 978-84-7658-696-9. Consultado o 2021-01-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]