Rosa María Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa María Cid
Rosa María Cid López.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1956
 España
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
OcupaciónCátedra universitaria
editar datos en Wikidata ]

Rosa María Cid López, nada o 29 de xaneiro de 1956, é unha historiadora española especialista en historia das mulleres e xénero na antigüidade e en historia do Principado de Asturias. É catedrática de Idade Antiga na Universidade de Oviedo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1979 en Filosofía e Letras (Sección de Historia) na Universidade de Oviedo e especializouse en idade antiga doutorándose en 1986 en Xeografía e Historia coa tese "El culto al emperador en Numidia de Augusto de Diocleciano"[Cómpre referencia].[2] É profesora titular de Idade Antiga na Universidade de Oviedo e acreditada como catedrática desde 2011.

É coordinadora do Grupo Deméter. Historia, Género y Familia da Universidade de Oviedo[3] e directora da colección Deméter.[4] É profesora do Centro de Estudos Feministas desa universidade,[5] exercendo a vicepresidenta de AUDEM (Asociación Universitaria de Estudos das Mulleres), de 1999 a 2001 e a presidencia da AEIHM (Asociación Española de Investigación Histórica sobre as Mulleres) de 2002 a 2004. É a vicepresidenta da Asociación de Historia Social.

Entre as súas achegas sobre a idade antiga de Asturias, destaca a coordinación do tomo de Asturias romana na Historia de Asturias, publicada pola La Nueva España en 1990-91. De 2008 ao 2011 participou no Comité que deseñou a Exposición Permanente do Museo Arqueolóxico de Asturias. Participou nas escavacións arqueolóxicas de Xixón (Asturias, 1983) e Lugo de Llanera (Asturias, 1989).[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • 2003 - Mitos femeninos de la cultura clásica. Creaciones y recreaciones en la historia y la literatura. KRK (coed. xunto a Marta González González).
  • Violencia deliberada: las raíces de la violencia patriarcal (en castelán). Icaria Editorial. ISBN 9788474269482. 
  • 2010 - Maternidad/es: representaciones y realidad social. Edades Antigua y Medieval, Almudayna, Col. Laya."Maternidad/es: representaciones y realidad social. Edades Antigua y Medieval". 
  • 2010 - Mujeres en la Historia, Ambitu.[7]
  • 2010 “Egeria, peregrina y aventurera.Relato de un viaje a Tierra Santa”, ARENAL, vol. 17, 1, xaneiro-xuño, pp. 5–31.[8]
  • 2012 - La maternité à l'épreuve du genre. Metamorphoses et permanences de la méditerranéenne maternité dans l'aire méditerranéenne.(codirectora xunto a Y. Knibiehler e Francesca Arena). Presses de l'École des Hautes Études de Santé Publique.[Cómpre referencia]
  • 2012 - “Prostitución femenina y desorden social en el Mediterráneo antiguo. De las devotas de Venus a las meretrices”, Lectora. Revista de Dones i Textualitat, 18, pp. 113–126.[9]
  • 2013 - Debita Verba. Estudios en homenaje al profesor Julio Mangas (coeditora xunto a Estela García Fernández).[10]
  • 2013 - Horas de radio sobre mujeres e Historia, Trabe.[11]
  • 2014- “Imágenes del poder femenino en la Roma antigua. Entre Livia y Agripina”, Asparkía. Dossier Mujeres en la sociedad grecorromana. Discursos e imágenes, 25, 2014, pp. 179–201.[12]
  • 2014 - Revisión de la traducción española de la obra de F. Thébaud. Escribir la historia de las Mujeres y de Género. KRK, Oviedo, 2014 (2ª ed. francesa, París, 2007).[Cómpre referencia]
  • 2015 - “El género y los estudios sobre las mujeres de la antigüedad. Reflexiones sobre los usos y la evolución de un concepto”, Revista de Historiografía, 2015, 22,1, pp. 25– 49.[13]
  • 2016 - “Madres sustitutas y oficios femeninos. Nodrizas y niñeras en la Roma antigua” en Ana Delgado Hervás y Marina Picazo Gurina, eds., , Los trabajos de las mujeres en el mundo antiguo. Cuidado y mantenimiento de la vida. Institut Català d´Arqueología Classica, Tarragona, ISBN 978-84-942034-7-3, pp. 129–138.

Notas[editar | editar a fonte]