Rosa María Artal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa María Artal
Nacemento1949
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpresentadora de televisión e locutora de radio
Na rede
IMDB: nm1397225 Twitter: rosamariaartal Dialnet: 2490290 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rosa María Artal, nada en Zaragoza o 14 de marzo de 1949, é unha xornalista e escritora aragonesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, comezou, mais non acabou, estudos de Socioloxía e Ciencias Políticas. Reside en Madrid.

O seu vínculo con Televisión Española data de 1973 no centro de produción das Palmas de Gran Canaria, aos que seguirían os de Bilbao e Zaragoza. Entre febreiro e outubro de 1983 presentou o Telediario 3 realizado por José María Fraguas até o seu cesamento por dimisión, presentada ao Xefe de Informativos Enrique Vázquez. Pasa entón ao espazo Informe Semanal, ao que dedicou boa parte da súa carreira profesional tanto en labores de presentadora como de reporteira, cun intervalo en TVE Internacional (Canle Internacional). Como reporteira de Informe semanal cubriu, entre outros acontecementos, a caída do Muro de Berlín. No ano 1991 foi nomeada correspondente de televisión española en Londres. Foi directora do programa Dos en la madrugada e Rosa en la madrugada (1994) de Radio Nacional.[1]

Escribiu habitualmente artigos de opinión para os xornais El País -xornal para o que foi correspondente en Aragón durante a Transición- e en Público. Desde 2012 escribe no medio dixital eldiario.es.[2][3]

É autora dunha decena de libros, entre os que destacan: Diario de una mujer alta (2001), 11M-14M, Onda expansiva (2004), España, ombligo del mundo (2008) e Reacciona (2011), do que foi promotora, coordinadora e coautora.

Moi activa e influente nas redes sociais, é autora do blog El periscopio.[4][1]

En maio de 2016 anunciou a súa candidatura ao Congreso por Zaragoza como independente con Podemos, na lista de Unidos Podemos e co número dous.[3]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Entre outros premios obtivo o premio Talento da Televisión da Academia de Televisión 2006 ou o premio Pfeiffer de Xornalismo 2007.

En 2020 recibiu o Premio á Traxectoria da Associació de Dones Periodistes de Catalunya.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Diario de una mujer alta (2001)
  • El casado infiel (2002)
  • 11-M, 14-M: onda expansiva (2004)
  • Ellas según ellos (2005)
  • ¡Mírame!: el reto de la mujer madura (2005)
  • España,ombligo del mundo (2008)
  • Reacciona (2011; con José Luis Sampedro, Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Javier Pérez de Albéniz, Javier López Facal, Carlos Martínez Alonso, Ignacio Escolar, Àngels Martínez i Castells, Juan Torres López e Lourdes Lucía)
  • La Energía Liberada (2011)
  • Salmones contra percebes (2013)
  • Derribar los muros (2019; obra colectiva coordinada por Artal con prólogo de Federico Mayor Zaragoza. Colaboran Javier Valenzuela, José Antonio Pérez Tapias, Lourdes Lucía, Pedro de Alzaga, Violeta Assiego, Javier Pérez de Albéniz, Carmen Madorrán Ayerra, Pablo Bustinduy e Àngels Martínez Castells. Editorial Rocaeditorial)
  • La bolsa o la vida (2020)[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]