Batalla de Rorke's Drift

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rorke's Drift")
A Defensa de Rorke's Drift, de Alphonse de Neuville (1880).

Rorke's Drift foi unha estación militar de KwaZulu-Natal (Suráfrica).

Inmediatamente despois da derrota británica na batalla de Isandhlwana, durante a guerra anglo-zulú, os zulús atacárona o 22 de xaneiro de 1879. A dotación da estación, destinada a hospital militar que nese momento tiña 36 enfermos, composta de 139 soldados británicos, unha compañía do24º Rexemento de Infantería[1], conseguiu defenderse do ataque de entre 4 e 5.000 guerreiros zulús.

Trala chegada de nativos do corpo de auxiliares que escaparan de Isandhlwana, o comandante John Rouse Merriott Chard decidiu fortificar a posición ao modo dun laager, unha liña de defensa circular, xeralmente formada por caravanas, pero neste caso formada por caixas de munición e galletas. Á chegada dos zulús as tropas auxiliares nativas desertaron, tras doce horas de ataques sucesivos os zulús conseguiron romper a liña de defensa exterior e atacar o hospital, pero cando os británicos estaban a piques de quedar sen munición arrecunchados na última liña de defensa, os zulús retíranse.

Morreron 17 británicos e 550 zulús.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matarranz, Raúl. "Marea negra y cruces Victoria: La Batalla de Rorke's Drift". museo-militar-empire.es. Consultado o 28-09-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]