Romaría da Santa Lucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da Santa Lucía durante a misa campestre.

A Romaría da Santa Lucía celébrase na parroquia de Santalla de Rei, no concello lugués da Pobra do Brollón, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía.

A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro e seguía o 27. Era costume que veciños doutras aldeas da zona fosen comer ó campo da festa de merenda. Tamén era tradicional unha actuación dos títeres "Barriga Verde". Nos anos 70 cambiouse a festa a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro (1976) ou Karina. A festa da Santa Lucía era unha das festas de máis sona de todo o sur lucense.

Actualmente a festa celébrase o penúltimo sábado de agosto, que oscila entre os días 18 e 24 dese mes. Os principais actos da xornada son a procesión e posterior misa campestre. Por ser avogosa da vista é tradición que, durante a misa, os devotos lle pasen panos a Santa Lucía polos ollos para que lles conserve a vista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]