Romano, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romano
AlcumeSan Romano
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoGallese
Falecementonovembro de 897
Lugar de falecementoRoma
Causaveleno
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e bispo católico
Períodode xullo a novembro do 897
Coñecido porser o papa n° 114 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Gallese-3
editar datos en Wikidata ]

Romano, nado en Gallese e finado en novembro de 897, foi o Papa n.º 114 da Igrexa católica en 897.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era irmán de Mariño I, nados en Gallese, unha cidade do Lacio preto de Civita Castellana. Cardeal de San Pedro in Vincoli, foi elixido papa a finais de agosto de 897, probablemente polo partido alemán.

Durante o seu breve pontificado de catro meses comezou a traballar na anulación de todas as disposicións do seu antecesor, Estevo VI, labor continuada polo seu sucesor Teodoro II.

Incluíu as illas de Mallorca e Menorca na diocese de Xirona, se ben o documento no que se recolle esta disposición é apócrifo.

Algúns historiadores apuntan que puido ser destronado e obrigado a recluírse nun mosteiro. Finou en novembro de 897, non se sabe se por morte natural ou envelenado.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.