The Roman Imperial Coinage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roman Imperial Coinage»)

The Roman Imperial Coinage (nalgúns volumes omítese no título o artigo "The"), abreviado como RIC (en galego: "A moeda imperial romana"), é un monumental catálogo británico de moeda imperial Romana que abrangue a produción monetaria desde o tempo da Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade Tardía, no ano 491 d. de C. É o resultado de décadas de traballo (desde 1923 ata 1994) a modo de continuación do anterior catálogo de oito volumes compilado no século XIX polo numismático Henry Cohen.[1]

Este traballo tómase como estándar para a identificación das cuñaxes realizadas baixo a autoridade dos emperadores romanos.

Produción editorial[editar | editar a fonte]

A produción dun catálogo cronolóxico das emisións monetarias do Imperio Romano arrincara en 1923 da man de Harold Mattingly, numismático do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. O seu catálogo supuña unha salientable diferenza con respecto ao do seu predecesor, Henry Cohen, de 1886. Mentres Cohen clasificara as moedas por emperador, e despois por orde alfabética da lenda, sen indicación ningunha dos obradoiros monetarios, Mattingly daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.[2]

Mattingly asociouse con Humphrey Sutherland para elaborar os volumes IVb (1938) e IVc (1949), e con Percy H. Webb para os volumes Va (1927) e Vb (1933). A partir de 1930, a dirección editorial de cada volume dos que restaban foille encomendada a especialistas en cada período.[3]

Logo do falecemento de Mattingly en 1964, Sutherland e R. A. G. Carson asumiron conxuntamente a dirección editorial do traballo.[4]

En 1984 Sutherland publicou unha edición ampliada do primeiro volume de 1923, que non foi tan detallada como as seguintes.[5]

Contidos[editar | editar a fonte]

O RIC componse de 13 volumes:

Na obra dáse unha historia detallada das moedas do reinado de cada emperador, cunha clasificación dos tipos de emisión, e dentro de cada tipo unha inscrición, a partir da súa inscrición.

Para cada peza listada, hai unha descrición tanto do seu anverso como do seu reverso ("cabezas e colas"), e achéganse tamén unhas siglas para indicar o nivel de rareza:

  • C: "común".
  • R1: "raro", arredor de 20 exemplares coñecidos.
  • R2: entre cinco e 15 exemplares coñecidos.
  • R3: catro ou cinco exemplares coñecidos.
  • R4: dous ou tres exemplares coñecidos.
  • R5: un único exemplar coñecido.
    Nas páxinas finais de cada volume hai unha táboa coas moedas que aparecen reproducidas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cohen, Henry. (1859-1868).
  2. Virtualcohen.com. Versión en liña do catálogo de Cohen, 120 anos despois da súa publicación inicial.
  3. Zehnacker (1986). Páxina 202.
  4. Zehnacker (1986). Páxina 203.
  5. Zehnacker (1986). Páxina 204.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Virtualcohen.com. Versión en liña do catálogo de Cohen, 120 anos despois da súa publicación inicial.