Rolf Martin Zinkernagel
Rolf Martin Zinkernagel (nado o 6 de xaneiro de 1944) é un profesor de inmunoloxía experimental da Universidade de Zürich. Xunto con Peter C. Doherty, compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1966 polo descubrimento de como o sistema inmunitario recoñece as células infectadas por virus.[1][2]
Educación
[editar | editar a fonte]Zinkernagel obtivo o seu grao como doutor en medicina (MD) na Universidade de Basilea en 1970 e o seu doutoramento (PhD) da Universidade Nacional Australiana en 1975.[3]
Carreira e premios
[editar | editar a fonte]Zinkernagel é membro do Consello Asesor Científico do Instituto para a Investigación do Cancro,[4] a Academia Americana de Artes e Ciencias,[5] a Academia Nacional de Ciencias,[6] a Sociedade Filosófica Americana,[7] e a Academia de Inmunoloxía do Cancro. Foi tamén elixido Membro correspondente da Academia Ausraliana de Ciencias en 1996.
Xunto co australiano Peter Charles Doherty recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1996 polo descubrimento da forma en que o sistema inmunitario recoñece células infectadas por virus, converténdose no 24º premio Nobel suízo. En 1999 foi nomeado Camarada honorario da Orde de Australia (AC), que é a maior honra civil de Australia, polo seu traballo científico con Doherty.[8]
Os virus infectan as células hóspedes e reprodúcense dentro delas. As células T asasinas destrúen esas células infectadas para que os virus non se poidan reproducir. Zinkernagel e Doherty descubriron que para que as células T asasinas recoñezan as células infectadas, teñen que recoñer dúas moléculas na superficie da célula, é dicir, non só o antíxeno do virus, senón tamén unha molécula propia do complexo maior de histocompatibilidade de clase I (MHC I). O mediador deste recoñecemento dobre é o receptor da célula T (TCR). Aínda que as moléculas MHC foron coñecidas inicialmente como as que causaban o rexeitamento de transplantes, Zinkernagel e Doherty demostraron que o recoñecemento restrinxido do MHC I é tamén fundamental para o control inmune de virus, como no caso do virus da coriomeninxite linfocítico, establecendo un principio clave da inmunidade antiviral.[1]
Ademais do Premio Nobel, tamén gañou o Premio Cloëtta en 1981, o Premio William B. Coley do Instituto de Investigación do Cancro en 1987, o Otto-Naegeli-Preis en 1988 e o Premio de Investigación Médica Albert Lasker en 1995. En 1994 elixírono membro da Academia Leopoldina Alemá de Ciencias.[9][10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2
- Rolf M. Zinkernagel en Nobel.org, incluíndo a conferencia Nobel de decembro de 1996 Recoñecemento celular inmune e papel biolóxico dos principais antíxenos de transplantes
- ↑ Hämmerling, GJ. (xaneiro de 1997). "The 1996 Nobel Prize to Rolf Zinkernagel and Peter Doherty.". Cell Tissue Res 287 (1): 1–2. PMID 9011383. doi:10.1007/s004410050726.
- ↑ Zinkernagel, Rolf (1975). The role of the H-2 gene complex in cell-mediated immunity to viral and bacterial infections in mice (Tese). Australian National University.
- ↑ Zinkernagel, Rolf M. "Rolf M. Zinkernagel". Cancer Research Institute. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ "Rolf Martin Zinkernagel". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Consultado o 2021-10-11.
- ↑ "Rolf M. Zinkernagel". www.nasonline.org. Consultado o 2021-10-11.
- ↑ "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2021-10-11.
- ↑ It's an Honour: AC
- ↑ "Rolf M. Zinkernagel". German Academy of Sciences Leopoldina. Consultado o 1 de xuño de 2021.
- ↑ "Fellows of the Royal Society". Londres: Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 2015-03-16.
- ↑ "Fellowship of the Royal Society 1660-2015". Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 2015-10-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Rolf M. Zinkernagel en Nobel.org, incluíndo a conferencia Nobel de decembro de 1996 Recoñecemento celular inmune e papel biolóxico dos principais antíxenos de transplantes
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rolf Martin Zinkernagel |