Rola oriental
| Rola oriental | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Streptopelia orientalis John Latham 1790 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
A rola oriental ou rula oriental[1] (Streptopelia orientalis) é unha ave da familia Columbidae. A especie ten unha ampla área de distribución nativa desde Asia central cara ao leste ata o Xapón. As poboacións mostran variacións no debuxo da pulmaxe e designáronse polo menos seis subespecies. As poboacións de latitudes altas tenden a migrar ao sur en inverno, mentres que as que están máis próximas aos trópicos son sedentarias. Informouse de aves errantes que chegaron a América do Norte e Europa. A especie é predominantemente granívora e busca alimento no chan.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Relacións con especies conxenéricas. Filoxenia de máxima verosimilitude baseada nun estudo de 2001.[2] |
O nome do xénero Streptopelia procede do grego antigo streptos, 'colar' e peleia, 'pombo'. O termo específico orientalis significa en latín 'do leste, oriental', neste caso referíndose á localidade tipo na que se describiu o animal, China.[3]
A especie ten unha ampla distribución con variacións xeográficas na plumaxe que fixeron que se designasen seis subespecies. As distribucións de moitas delas non son disxuntas e existe unha gradación nalgunhas poboacións de illas. Algunhas das poboacións de Streptopelia turtur que viven no bordo leste poden ser de aspecto moi similar a S. orientalis e no pasado ambas as especies foron agrupadas.[4][5]
- S. o. meena (Sykes, 1832) – é a subespecie occidental, que vive no leste e centro de Asia e cara ao sur ata os Himalaias desde Caxemira ao centro de Nepal. Pasa o inverno na India e polo sur chega a Sri Lanka.
- S. o. orientalis (Latham, 1790) – é a subespecie oriental, que vive en Siberia central ata o Xapón e Corea e polo sur ata os Himalaias desde Assam a Yunnan e norte de Vietnam. Pasa o inverno no sur e sueste de Asia (inclúe S. baicalensis Buturlin).
- S. o. stimpsoni (Stejneger, 1887) – vive nas illas Ryukyu
- S. o. orii Yamashina, 1932 – vive en Taiwán
- S. o. erythrocephala (Bonaparte, 1855) – vive no sur da península India. Esta subespecie é de cabeza marrón avermellada sen cor gris na fronte ou píleo, a diferenza das outras subespecies. As plumas cobertoiras de debaixo da cola e banda terminal da cola son gris lousa.[6]
- S. o. agricola (Tickell, 1833) – vive desde Orissa e Bengala ao noroeste da India e en Myanmar ata Hainan.
A rola oriental ten dúas subespecies do norte migratorias: S. o. orientalis das taigas de Siberia central, e S. o. meena, dos bosques abertos de Asia central. As diferenzas nos debuxos da cola das subespecies S. o. orientalis e S. o. meena serven para identificalas nos seus territorios de invernada. A forma nomeada descríbese como con cola con punta gris e con máis cor negra na parte externa das plumas externas da cola, mentres que meena ten unha cola con puntas brancas igual que a rola brava e menos negro na parte externa das plumas externas da cola. Aínda así, estas non son diferenzas consistentes: ambas as formas poden ter bandas na cola brancas ou grises e orientalis pode ter pouco negro na parte externa das plumas externas da cola.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]
A rola oriental é moi similar en plumaxe á pomba brava. É un pouco máis grande que dita especie, especialmente no caso de S. o. orientalis. Comparte a área raiada branca e negra da parte lateral do pescozo feita de plumas con punta prateada, mais o peito é menos rosa, e a as plumas da á marróns alaranxadas da pomba brava son substituídas por tons máis maróns e centros máis escros, dándolle unha aparencia "escamosa". A cola ten forma de cuña, igual que na pomba brava. O voo é máis relaxado e directo que o do seu parente. Ademais, a pomba brava ten unha área de pel espida arredor dos ollos, do cal carece a pomba oriental.[8]
Vocalizacións
[editar | editar a fonte]As chamadas son diferentes do arrolo da pomba brava. É un son de catro sílabas her-her-oo-oo. Tamén hai diferenzas significativas nas chamadas entre as distintas poboacións.[9]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O hábitat varía, pero a rola oriental reprodúcese en hábitats boscosos pero abertos e inverna en hábitats máis abertos, pero usualmente cunha boa cobertura de árbores.[9]
A raza máis occidental, meena, reprodúcese na rexión paleártica occidental.[10] As poboacións máis meridionais son residentes, pero a maioría das outras aves migran ao sur para invernar na India, as Maldivas e o sur do Xapón. Espállanse moito polo seu teritorio e chegan ás illas Lakshadweep en inverno.[9] S. o. orientalis aparece como unha rareza no oeste de Alasca e a Columbia Británica. Tamén é unha ave vagante no norte e oeste de Europa e está incluída na lista das aves ibéricas.[11]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Reprodución
[editar | editar a fonte]
A estación reprodutora do verán na zona temperada pode alongarse. No sur da India a estación reprodutora é en inverno. Cando se exhibe, o macho move as súas ás ruidosamente e sae disparada antes de baixar voando coa cola estendida.[12] Tardan uns dous días en constuíren o niño, para o cal o macho trae o material e a femia colócao. O niño é máis substancial que nalgunhas outras pombas e sitúano á altura da media copa das árbores. No Xapón, os niños construídos a grande altura tenden a estar suxeitos á predación.[13] Os machos incuban polo día e a femia pola noite. Poñen dous ovos brancos como todas as pombas e rolas, nun niño de ramiñas nunha árbore. A incubación comeza inmediatamente despois de poñeren o primeiro ovo. Os ovos fan eclosión en 15 ou 16 días e os pichóns tardan de 15 a 17 días en emplumaren (no Xapón). Ambos os pais alimentan os pichóns altriciais con leite do boche. Poden criar múltiples postas e o niño pode ser reutilizado pola parella ou por outros. A reutilización do niño probablemente pode incrementar as posibilidades de predación.[14][15] No Xapón os predadores principais dos pichóns e ovos son os corvos e pegas e en menor medida os gatos e serpes.[16]
Dieta
[editar | editar a fonte]É unha ave granívora que se alimenta de sementes de marihuana, xirasol, trigo, millo miúdo e amaranto. Tamén come gasterópodos.[10] Busca alimento no chan.[17]
Parasitos e doenzas
[editar | editar a fonte]No Xapón, os niños nos que se acumularon feces albergaban varias moscas das familias Sphaeroceridae, Sepsidae e Stratiomyidae.[18]
Tamén no Xapón, detectáronse nesta ave os ácaros subcutáneos da especie Hypodectes propus.[19] A morte de certo número destas aves en Corea do Sur debeuse ao virus da variola aviaria.[20]
Outras asociacións
[editar | editar a fonte]Na illa Hongdo de Corea, estas rolas migratorias levaban sementes da planta exótica Achyranthes japonica pegadas á plumaxe.[21]
Galería
[editar | editar a fonte]- Rola oriental
- As rolas orientais aliméntanse no chan
- En Nepal
- En Nepal
- En Uttrakhand, India
- En Hsinchu, Taiwán
- En Hsinchu, Taiwán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Johnson, Kevin P; De Kort, Selvino; Dinwoodey, Karen; Mateman, A. C; Ten Cate, Carel; Lessells, C. M; Clayton, Dale H (2001). "A Molecular Phylogeny of the Dove Genera Streptopelia and Columba" (PDF). The Auk 118 (4): 874. doi:10.1642/0004-8038(2001)118[0874:AMPOTD]2.0.CO;2. hdl:20.500.11755/a92515bb-c1c6-4c0e-ae9a-849936c41ca2.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 284, 367. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Baker, E.C. Stuart (1913). Indian Pigeons and Doves. Londres: Witherby and Co. pp. 185–201.
- ↑ Peters, James Lee (1937). Check-list of birds of the World. Volume III. Cambridge: Harvard University Press. pp. 88–90.
- ↑ Ali, Salim; Ripley, S. Dillon (1981). Handbook of the Birds of India and Pakistan. Volume 3. Stone curlews to owls. (2 ed.). Delhi: Oxford University Press. pp. 142–146.
- ↑ Leader, Paul J. (2004) Tail pattern of Oriental Turtle Dove British Birds 97(2): 98–100
- ↑ "Birds of northern xinjiang". Shanghaibirding. Consultado o 7 de setembro de 2022.[Ligazón morta]
- 1 2 3 Rasmussen, P.C.; Anderton, J.C. (2005). Birds of South Asia. The Ripley Guide. Volume 2: Attributes and Status. Lynx Edicions and Smithsonian Institution. p. 208.
- 1 2 Wilson, Michael G.; Korovin, Vadim A. (2003). "Oriental Turtle Dove breeding in the Western Palearctic". British Birds 96 (5): 234–241.
- ↑ Hirschfeld, Erik (1986). "Rufous Turtle Dove in Europe". Dutch Birding 8 (3): 77–84.
- ↑ Singh, K. Shamungou (1998). "Aerial display of rufous turtle dove Streptopelia orientalis agricola Tickell near Nambol Bazar, Manipur". Journal of the Bombay Natural History Society 95: 114.
- ↑ Wada, Takeshi (1994). "Effects of Height of Neighboring Nests on Nest Predation in the Rufous Turtle-Dove (Streptopelia orientalis)" (PDF). The Condor 96 (3): 812–816. JSTOR 1369488. doi:10.2307/1369488.
- ↑ Wada, Takeshi (1992). "An Implicit Cost of Nest Re-use in the Rufous Turtle Dove Streptopelia orientalis". Jap. J. Ornithol. 40 (2): 43–50. doi:10.3838/jjo.40.43.
- ↑ Haneda, Kenzo; Nozawa, Shinosuke (1969). "A study on the life history of Streptopelia orientalis". Journal of the Yamashina Institute for Ornithology (en inglés) 5 (5): 473–486. ISSN 0044-0183. doi:10.3312/jyio1952.5.5_473.
- ↑ Kameda, Kayoko (1994). "Identification of nest predators of the rufous turtle dove Streptopelia orientalis by video tape recording". Jap. J. Ornithol. 43: 29–31. doi:10.3838/jjo.43.29.
- ↑ Ali, S; Ripley, SD (1981). Handbook of the birds of India and Pakistan. Volume 3 (2 ed.). Oxford University Press. pp. 142–147.
- ↑ Iwasa, Mitsuhiro; Hori, Koji; Aoki, Noriyuki (1995). "Fly fauna of bird nests in Hokkaido, Japan (Diptera)". The Canadian Entomologist (en inglés) 127 (5): 613–621. ISSN 1918-3240. doi:10.4039/Ent127613-5.
- ↑ El-Dakhly, Khaled Mohamed; El-Nahass, El-Shaymaa; Inui, Kosei; Kimura, Junpei; Sakai, Hiroki; Yanai, Tokuma (2013-12-01). "Hypodectes propus(Acarina: Hypoderatidae) in a rufous turtle dove,Streptopelia orientalis(Aves: Columbiformes), in Japan". Journal of Veterinary Science (en inglés) 14 (4): 421–4. ISSN 1229-845X. PMC 3885735. PMID 23820220. doi:10.4142/jvs.2013.14.4.421.
- ↑ Lee, Hae Rim; Koo, Bon-Sang; Kim, Jong-Taek; Kim, Heung-Chul; Kim, Myung-Soon; Klein, Terry A.; Shin, Man-Seok; Lee, Sanghun; Jeon, Eun-Ok (2017-10-01). "Molecular epidemiology of avian poxvirus in the oriental turtle dove (Streptopelia orientalis) and the biting midge (Culicoides arakawae) in the Republic of Korea". Journal of Wildlife Diseases 53 (4): 749–760. ISSN 0090-3558. PMID 28700322. doi:10.7589/2016-10-230.
- ↑ Choi, Chang-Yong; Nam, Hyun-Young; Chae, Hee-Young (2010). "Exotic Seeds on the Feathers of Migratory Birds on a Stopover Island in Korea". Journal of Ecology and Environment 33 (1): 19–22. Bibcode:2010JEcEn..33...19C. doi:10.5141/jefb.2010.33.1.019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "National Geographic" Field Guide to the Birds of North America ISBN
- Handbook of the Birds of the World Vol 4, Josep del Hoyo editor, ISBN
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rola oriental |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rola oriental |

