Saltar ao contido

Rola das palmeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rola das palmeiras
 Nome taxon
    Spilopelia senegalensis
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    S. senegalensis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
 Sinonimia
  • Columba senegalensis Linnaeus, 1766
  • Streptopelia senegalensis (Linnaeus, 1766)
  • Stigmatopelia senegalensis (Linnaeus, 1766)
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeColumbiformes
FamiliaColumbidae
XéneroSpilopelia
EspecieSpilopelia senegalensis Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1766) Spilopelia senegalensis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02vsx7 Editar o valor en Wikidata
ITIS1125211 Editar o valor en Wikidata
UICN22690445 Editar o valor en Wikidata
CoL4Z4BQ Editar o valor en Wikidata
EOL45509396 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A rola das palmeiras ou rula das palmeiras[1] (Spilopelia senegalensis, antes Streptopelia senegalensis) é un pequeno pombo reprodutor residente en África, Próximo Oriente, sur de Asia e Australia Occidental onde se estableceu na natureza despois de ser liberada do Zoo de Perth en 1898.[2] Esta pequena rola de cola longa atópase en hábitats arbustivos secos onde as parellas adoitan verse alimentándose no chan. Está moi emparentada con Spilopelia chinensis, que se distingue por ter un colar a cadros negros e brancos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu unha descrición da rola das palmeiras no seu sexto volume de Ornithologie baseándose nun espécime recollido en Senegal. Utilizou o nome francés La tourterelle à gorge tachetée du Sénégal e o latino Tutur gutture maculato senegalensis.[3] Aínda que Brisson acuñou un nome latino para esta especie, este non está conforme coa nomenclatura binomial adoptada posteriormente e non é recoñecido pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.[4] Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linné puxo ao día a súa obra Systema Naturae para publicar a duodécima edición, engadiu 240 especies que foran antes descritas por Brisson.[4] Unha delas foi a rola das palmeiras, que situou xunto con todos os outros pombos no xénero Columba. Linné incluíu unha breve descrición, acuñou o nome binomial Columba senegalensis e citou o traballo de Brisson.[5]

Despois, e durante moitos anos a especie foi situada no xénero Streptopelia.[6] Porén, un estudo de filoxenia molecular publicado en 2001 atopou que este xénero era parafilético con respecto a Columba.[7] Para crear xéneros monofiléticos, a rola das palmeiras e a especie emparentada Spilopelia chinensis foron trasladadas ao xénero resurrecto Spilopelia, que fora creado polo zoólogo sueco Carl Sundevall en 1873.[8][9]

Déuselle a categoría de subespecie a cinco poboacións con pequenas diferenzas de plumaxe e tamaño:[9]

  • S. s. phoenicophila (Hartert, 1916) – de Marrocos ao noroeste de Libia
  • S. s. aegyptiaca (Latham, 1790) – val do Nilo (Exipto)
  • S. s. senegalensis (Linnaeus, 1766) – oeste de Arabia, illa de Socotra, África subsahariana
  • S. s. cambayensis (Gmelin, JF, 1789) – leste de Arabia e leste de Irán ata Paquistán, India e Bangladesh
  • S. s. ermanni (Bonaparte, 1856) – Kazakhstán, norte de Afganistán, oeste da China.

Describíronse outras subespecies que xeralmente non son recoñecidas. Entre elas están S. s. sokotrae da illa de Socotra, S. s. dakhlae do oasis de Dakhla, Exipto e S. s. thome da illa de San Tomé.[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha rola delgada e de cola longa, normalmente de 25 cm de lonxitude. É marrón rosada na parte inferior cun ton lila na cabeza e pescozo. A cabeza e partes inferiores son rosadas, con tons beixes na parte baixa do abdome. Na parte lateral do pescozo dos adultos hai unha área a cadros grises e marróns avermellados e está feita de plumas divididas. As partes superiores son amarronadas cunha banda gris azulada ao longo da á. O dorso é uniforme e marrón apagado nas poboacións do sur de Asia. As poboacións africanas de S. s. senegalensis e S. s. phoenicophila teñen un sobrecú e cobertoiras superiores da cola gris-azulados pero difiren nos tons do pescozo e plumas das ás, mentres que S. s. aegyptiaca é máis grande e a súa cabeza e caluga son cor viño e as cobertoiras das ás superiores son marróns avermelladas.[10] A cola está graduada e as plumas externas teñen puntas brancas. Os sexos son indistinguibles no campo. Os individuos xoves carecen das marcas a cadros do pescozo. As patas son vermellas. As poboacións varían lixeiramente en plumaxe e as procedentes de zonas máis áridas son máis claras.[11] Atopáronse plumaxes anormais con leucismo.[12]

A chamada como unha risadiña entre dentes que fai é un vibrante e grave cruu-duu-duu-duu-duu cunha amplitude que crece e diminúe.[13]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie común e moi espallada en hábitats arbustivos, campos de cultivo secos e en áreas onde habitan os humanos, a miúdo sendo moi mansa. A súa área de distribución inclúe gran parte da África subsahariana, Arabia Saudita, Irán, Iraq, Afganistán, Paquistán e India. Tamén se encontra en Chipre, Palestina, Israel, Líbano, Siria, Xordania, os EAU, e Turquía (estas poboacións poden derivar de introducións humanas). Son principalmente sedentarias, pero algunhas poboacións poden trasladarse. Aves aneladas en Gujarat foron recuperadas a 200 km no norte de Paquistán e rexistráronse aves exhaustas que se pousaron en barcos no mar de Arabia.[11][14] A especie (exemplares pertencentes á poboación nomeada) foi introducida en Perth en 1889 e conseguiuse establecer en Australia Occidental.[15] As aves que se pousan en barcos poden ser introducidas en novas rexións.[16]

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

A especie vese xeralmente en parellas ou pequenos grupos e só raramente en grandes grupos. Os grupos máis grandes fórmanse especialmente cando van beber en pozas en rexións áridas. En pequeno número xúntanse en árbores preto de pozas de auga antes de voar ata o bordo da auga onde sorben a auga.[17] Comen as sementes caídas, principalmente de herbáceas, outra materia vexetal e pequenos insectos que viven no chan como térmites e escaravellos.[18][19] Son bastante terrestres, alimentándose no chan en praderías e cultivos. Os seus voos son rápidos e directos con batidos de ás regulares e un ocasional movemento brusco das ás característico dos pombos en xeral.[11]

Niños nunha oliveira cunha posta típica de dous ovos, na ila de Djerba.

O macho durante a exhibición de cortexo segue a femia subindo e baixando a cabeza mentres arrolan. O macho pica as súas ás dobradas en "desprazamento-acicalamento" para solicitar a copulación coa femia. A femia acepta agachándose e pedindo alimento. O macho pode continuar o cortexo de alimentación antes de montala e copular. As parellas poden acicalarse entre si.[20] Os machos poden tamén lanzarse ao aire con golpes das ás contra as costas e despois baixar planeando describindo un suave arco cando se exhiben. A especie ten unha tempada reprodutora dilatada en África. Case de todo o ano en Malaui e Turquía;[21] e principalmente de maio a novembro en Zimbabwe, e de febreiro a xuño en Exipto e Tunisia. En Australia a principal estación reprodutora é de setembro a novembro.[15] O niño é unha plataforma moi pouca sólida de ramiñas construído nun arbusto baixo e ás veces en gretas ou baixo os beirados dos tellados das casas. O niño constrúeno ambos os proxenitores e os machos traen as ramiñas que son colocadas polas femias. Poñen dous ovos cun intervalo dun día entre cada un, e ambos os proxenitores interveñen na construción do niño, incubando e alimentando as crías. Os machos pasan máis tempo incubando no niño durante o día.[22] Os ovos son incubados unha vez que poñen o segundo ovo, os cales fan eclosión uns 13 a 15 días despois.[11][23] Os adultos nidificantes poden finxir lesións para distraer e facer recuar das proximidades do niño aos predadores.[24] Unha mesma parella pode criar múltiples postas no mesmo niño. En Turquía rexistráronse sete postas dunha mesma parella.[20] Inicialmente, as crías altriciais que eclosionan son alimentados con leite do boche regurxitado, unha secreción da parede do boche das aves parentais.[25] Os pombiños empluman e abandonan o niño uns 14 a 16 días despois.[26][27] O cuco Clamator jacobinus ás veces pon un ovo nos niños da pombas das palmeiras en África.[28]

As poboacións ferais en Australia son ás veces infectadas por un virus que causa síntomas similares aos producidos na doenza do bico e as plumas dos psitaciformes.[29] Atopáronse varios piollos das aves ectoparasitos na especie como os do xénero Coloceras, Columbicola, Bonomiella e Hohorstiella.[30] Tamén se atopou nesta especie o parasito sanguíneo Trypanosoma hannae.[31] Observouse que o picanzo do norte depreda adultos de rola das palmeiras no noroeste da India mentres que o buxato Kaupifalco monogrammicus depreda a especie en África.[32][33] Os exemplares do sur de África por veces mostran unha deformidade no bico na cal se produce un sobrecrecemento da mandíbula superior.[34]

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Dove spreading love over WA. 7 de xuño de 2013, WAToday website
  3. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés (en francés e latín) 1. París: Jean-Baptiste Bauche. pp. 125–127, Placa 8 fig 3. Os dous asteríscoss (**) ao comezo da sección indican que Brisson baseou a súa descrición no exame dun espécime.
  4. 1 2 Allen, J.A. (1910). "Collation of Brisson's genera of birds with those of Linnaeus". Bulletin of the American Museum of Natural History 28: 317–335. hdl:2246/678.
  5. Linnaeus, Carl (1766). Systema naturae : per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). 1, Parte 1 (12ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 283.
  6. 1 2 Peters, James Lee, ed. (1937). Check-List of Birds of the World 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 98–100.
  7. Johnson, K.P.; De Kort, S; Dinwoodey, K.; Mateman, A.C.; Ten Cate, C.; Lessells, C.M.; Clayton, D.H. (2001). "A molecular phylogeny of the dove genera Streptopelia and Columba" (PDF). Auk 118 (4): 874–887. doi:10.1642/0004-8038(2001)118[0874:AMPOTD]2.0.CO;2.
  8. Sundevall, Carl (1872). Methodi naturalis avium disponendarum tentamen. Försök till fogelklassens naturenliga uppställnung (en latín). Estocolmo: Samson and Wallin. pp. 100, 186. Aínda que a páxina do título está datada en 1872, a parte que contén as páxinas 100 e 186 foi publicada en 1873.
  9. 1 2 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (2020). "Pigeons". IOC World Bird List Version 10.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 9 de marzo de 2020.
  10. Hartert, E (1916). "Notes on pigeons". Novitates Zoologicae 23: 78–88.
  11. 1 2 3 4 Ali, S.; S.D. Ripley (1981). Handbook of the Birds of India and Pakistan. Volume 3 (2ª ed.). Nova Delhi: Oxford University Press. pp. 155–157.
  12. Javed, S (1992). "Albinism in little brown dove". Newsletter for Birdwatchers 32 (3&4): 12.
  13. Whistler, Hugh (1949). Popular handbook of Indian birds (4th ed.). Londres: Gurney and Jackson. pp. 397–398.
  14. Ticehurst, CB (1923). "The Birds of Sind. (Part V.)". Ibis 65 (3): 438–473. doi:10.1111/j.1474-919X.1923.tb08108.x.
  15. 1 2 Frith, HJ; JL McKean; LW Braithwaite (1976). "Sexual cycles and food of the doves Streptopelia chinensis and S. senegalensis in Australia". Emu 76 (1): 15–24. Bibcode:1976EmuAO..76...15F. doi:10.1071/MU9760015.
  16. Kumar, Ashoke (1977). "Assisted migration of birds by ships". Journal of the Bombay Natural History Society 74 (3): 531–533.
  17. Siegfried WR; LG Underhill (1975). "Flocking as an anti-predator strategy in doves". Animal Behaviour 23 (3): 504–508. doi:10.1016/0003-3472(75)90126-8.
  18. Satheesan SM; Prakash Rao; H Datye (1990). "Biometrics and food of some doves of the genus Streptopelia". Journal of the Bombay Natural History Society 87 (3): 452–453.
  19. Adang, KL; Ezealor AU; Abdu PA; Yoriyo KP (2008). "Food habits of four sympatric columbids (Aves:Columbidae) in Zaria, Nigeria". Continental Journal of Biological Sciences 1: 1–9.
  20. 1 2 Biricik, Murat; Ahmet Kılıç; Rüştü Şahin (1989). "Fortpflanzungsverhalten der Palmtaube (Streptopelia senegalensis): Paarbildung bis Eiablage". Journal für Ornithologie 130 (2): 217–228. doi:10.1007/BF01649756.
  21. Biricik, Murat (1997). "Winterbrut freilebender Palmtauben Streptopelia senegalensis". Journal für Ornithologie 138 (3): 335–336. doi:10.1007/BF01651560.
  22. Biricik, Murat; Ahmet Kılıç; Rüştü Şahin (1993). "Brutablösung bei freilebenden Palmtauben (Streptopelia senegalensis)". Journal für Ornithologie 134 (3): 348–351. doi:10.1007/BF01640432.
  23. Nene, RV (1979). "Incubation and incubation period in the Indian Little Brown Dove Streptopelia senegalensis". Journal of the Bombay Natural History Society 76 (2): 362–363.
  24. Manakadan, Ranjit (1995). "Distraction display in the Little Brown Dove Streptopelia senegalensis (Linn.)". Journal of the Bombay Natural History Society 92 (2): 265.
  25. "Laughing dove".
  26. George, M John (2000). "Multiple brooding of the Little Brown Dove Streptopelia senegalensis". Journal of the Bombay Natural History Society 97 (2): 280–283.
  27. Kumar, CR Ajith; Ramachandran, NK (1990). "Incubation period of Indian Little Brown Dove Streptopelia senegalensis (Linn.)". Journal of the Bombay Natural History Society 87 (2): 299–300.
  28. Friedmann, H (1964). "Evolutionary trends in the genus Clamator". Smithsonian Miscellaneous Collections 164 (4): 1–106.
  29. Raidal, SR; PA Riddoch (1997). "A feather disease in Senegal doves (Streptopelia senegalensis) morphologically similar to psittacine beak and feather disease". Avian Pathology 26 (4): 829–836. PMID 18483948. doi:10.1080/03079459708419256.
  30. Ledger, JA (1969). "Ectoparasite load in a laughing dove with a deformed mandible" (PDF). Ostrich: Journal of African Ornithology 41 (3): 191–194. doi:10.1080/00306525.1970.9634364. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-04. Consultado o 2012-11-05.
  31. Bennett GF, Earlé RA, Squires-Parsons D (1994). "Trypanosomes of some sub-Saharan birds". The Onderstepoort Journal of Veterinary Research 61 (3): 263–271. PMID 7596580.
  32. Sharma, Ashok Kumar (1994). "A Grey Shrike Lanius excubitor Linnaeus killing a full grown Little Brown Dove Streptopelia senegalensis (Linnaeus)". Journal of the Bombay Natural History Society 91 (1): 142–143.
  33. Howland, N; S. Howland (1987). "Lizard Buzzard taking Laughing Dove". Honeyguide 33: 100–101.
  34. Markus, MB (1962). "Laughing Dove Streptopelia senegalensis (Linnaeus) with a deformed upper mandible". Ostrich: Journal of African Ornithology 33: 37. doi:10.1080/00306525.1962.9633457.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]