Saltar ao contido

Rola brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rola brava
Streptopelia turtur
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
Conservación
Localización
 Endémico en
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeColumbiformes
FamiliaColumbidae
XéneroStreptopelia
EspecieS. turtur
 Sinonimia
Turtur communis[1]
Datas
 Período de incubación
15 d Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa8,2 g peso de nacemento
136 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
Envergadura50 cm Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada2 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01c0bf Editar o valor en Wikidata
ITIS177149 Editar o valor en Wikidata
OTT801237 Editar o valor en Wikidata
UICN22690419 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A rola brava ou rula brava,[2] comunmente rola[3] e rula,[4] (Streptopelia turtur) ou rula común, para diferenciala de especies próximas como a rula turca (Streptopelia decaocto), é unha ave migratoria da familia Columbidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son máis pequenas e delgadas que as pombas: miden entre 26 e 29 cm e pesan uns 300 gramos. Teñen un debuxo branco e negro nos lados do pescozo. A parte inferior do corpo é branca e o papo avermellado. A cola é escura cunha faixa terminal branca e as beiras tamén brancas. As aves adultas teñen a cabeza, o pescozo, os lados e o torso gris azulados e as ás de cor cinamomo manchadas de negro. O peito é de cor aviñado e o abdome e as plumas inferiores da cola son brancas. O bico é negro e as patas e os aneis oculares vermellos. As listas brancas e negras do pescozo non están presentes nas aves inmaturas, que son máis pardas e mates e teñen as patas castañas.

O seu berro, do que lle ven o nome vulgar, é unha sorte de rrur, rrur ou "turr turr".

Hábitat e distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Son aves dos bosques abertos máis que de mestos, que ocasionalmente poden facer os seus niños tamén en grandes xardíns, pero son en xeral aves moi tímidas. Crían no Paleártico occidental, a onde chegan a finais de abril, permanecendo ata setembro. En Europa faltan completamente só en Islandia, Irlanda e Escandinavia. Pasan o inverno en África, ó sur do Sáhara.

A especie está a sufrir unha forte redución das súas poboacións en Europa, causada polos cambios nos métodos agrícolas que provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola presión cinexética (sobre todo cando cruzan o Mediterráneo durante as migracións), a destrución das sebes e o emprego de pesticidas.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Comen principalmente sementes, buscándoas a miúdo no chan, moitas veces en campos cultivados ou noutras superficies planas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A súa época reprodutora vai de maio a agosto. En chegando ós territorios de cría déixase oír o seu rular profundo e vibrante. O voo nupcial, alto e en círculos é acompañado polo son das ás batendo. O niño, feito con coteliños e follas e máis axiña chafalleiro, constrúeno nas árbores ou en sebes mestas a non moita altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e a miúdo fan unha segunda posta en xullo ou agosto. Chocan uns 17 ou 18 días.

Nomes vulgares noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Canta rula na gaiola;
canta rula, canta rula,
canta que vou pra fóra.

Popular[5]
  • Alemán: Turteltaube
  • Catalán: Tórtora
  • Español: Tórtola común
  • Euskara: Usapal
  • Francés: Tourterelle des bois
  • Inglés: Turtle dove
  • Italiano: Tortora
  • Polaco: Turkawka
  • Portugues: Rola-brava
  • Sueco: Turturduva

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Brehm (1891 [with modern update]). Turteltaube. Die Vögel (en alemán) 2. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 04 de decembro de 2014.
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rola.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rula.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da rula. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 125. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]