Roger B. Chaffee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger B. Chaffee
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1935
LugarGrand Rapids
Falecemento27 de xaneiro de 1967
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
PremiosMedalla do Aire, Medalla de Honra Espacial do Congreso, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA, Eagle Scout e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Roger Bruce Chaffee, nado en Grand Rapids, Míchigan o 15 de febreiro de 1935 e finado o 27 de xaneiro de 1967. foi un astronauta estadounidense que faleceu durante a proba do Apollo 1 na rampla de lanzamento.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era graduado en enxeñería aeronáutica pola Universidade Purdue en 1957. Estaba casado e tiña dous fillos.[1][2]

Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Ademais do adestramento como astronauta, foi asignado a traballos nos sistemas de comunicación de control de voo, a sistemas de instrumentación e a sistemas de control de actitude e traslación na sección Apollo da Oficina de Astronautas. Foi seleccionado o 21 de marzo de 1966 como un dos tres membros do primeiro voo dunha cápsula Apollo tripulada, a misión AS-204. Durante probas en terra coa cápsula, o 27 de xaneiro de 1967, produciuse un lume que matou os tres astronautas no seu interior, entre eles Chaffee.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "ROGER B. CHAFFEE (LIEUTENANT COMMANDER, USN) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chaffee, Roger Bruce" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]