Rodrigo Payno Díaz De la Espinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rodrigo Payno Díaz De la Espinosa
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1947
  Burgos
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

Rodrigo Paino Díaz de la Espinosa máis coñecido como Payno, nado o 7 de febreiro de 1947, en Burgos foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Real Burgos, ata que ficha polo Celta de Vigo tras acadar o ascenso a Primeira División na tempada 1968/69 por un prezo de dous millóns cincuenta mil pesetas.

Porén nunca chegou a ter moita continuidade no equipo galego a causa das lesións, o primeiro ano foi suplente de Bermúdez, protagonista do ascenso, e despois do balear Gost e no seu terceiro e último ano do cántabro Alarcia.

En 1971 fichou polo Villareal CF e posteriormente polo Racing de Santander.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]