Rodrigo Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rodrigo Cortés Giráldez»)
Rodrigo Cortés
Nome completoRodrigo Cortés Giráldez
Nacemento31 de maio de 1973
LugarPazos Ermos
NacionalidadeEspaña
Profesiónguionista, produtor de cinema, director de cinema, montador e creador de podcast
Na rede
IMDB: nm0181579 Allocine: 203669 Allmovie: p527289
Musicbrainz: 63b35807-5d0c-4ac8-a65c-93d5abc60ae1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rodrigo Cortés Giráldez, nado en Pazos Ermos (Cenlle) o 31 de maio de 1973, é un director, actor, produtor e guionista de cine galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Pazos Ermos, de onde era a súa nai, pero de pequeno marchou vivir a Salamanca[1]. Realizou a súa primeira curtametraxe, El descomedido y espantoso caso del victimario de Salamanca, con 16 anos en formato súper 8. A súa seguinte obra foi Siete escenas de la vida de un insecto, rodada en branco e negro e baseada n’A metamorfose de Kafka.

A comezos de 1998 foi contratado por Sogetel e Jabalina Records para rodar o videoclip da canción de Onion "Sick of you", para a película de Alejandro Amenábar Abre los ojos[2]. En xullo dese mesmo ano realizou a curtametraxe Yul, coa que se obtivo bastatantes galardóns en España e que lle permitiu darse a coñecer no ámbito cinematográfico. En 2001 estrenou 15 días, que acadou un nomeamento aos Premios Goya como mellor curtametraxe e que en menos de dous anos logrou máis de 50 galardóns. Logrou o Universal Studios Award, pasando dúas semanas nos Estudios Universal dos Ánxeles facendo un Filmmaster.

Na primavera de 2001 foi seleccionado por TVE e a produtora Filmart para participar na primeira edición en España de Los diminutos del calvario. A finais de 2003 foi contratado por Universal Music para facer o videoclip da canción do tema "Travesura", do músico de chill out José Luis Encinas.

En 2007 realizou a súa primeira longametraxe, Concursante, que recibiu o premio da crítica no Festival de Málaga dese mesmo ano.[3].

En setembro de 2010 estreouse Buried, protagonizada por Ryan Reynolds, cualificada polo New York Times como "unha película de horror con delirios de grandeza"[4]. O filme obtivo o premio da crítica no Festival de Deauville e o premio á mellor película en L’Etrange Festival días antes da estrea. Tamén acadou o Meliés de Ouro no Festival de Cine de Sitges de 2010.

En marzo de 2012 estreou o filme de suspense Red Lights, protagonizado por Sigourney Weaver, Robert De Niro e Cillian Murphy. O filme céntrase na figura dunha parapsicóloga que procura desacreditar a un reputado vidente que volveu á fama logo de 30 anos.

Traballa como tertuliano na Cultureta, en Onda Cero, baixo a dirección de Carlos Alsina.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

  • Yul (curta, 1998; director, produtor, guionista e actor)
  • 15 días (curta, 2000; director, produtor, guionista, compositor e actor)
  • La ley de Murphy (curta, 2000; guionista, supervisor de diálogos e actor)
  • Diminutos del calvario (curta, 2001; guionista)
  • Los 150 metros de Callao (curta, 2002; director, produtor, guionista e actor)
  • Dentro (curta, 2002; director, guionista e compositor)
  • Interruptus (curta, 2003; guionista, supervisor de diálogos e actor)
  • Concursante (2007; director e guionista)
  • Dirt Devil (curta, 2007; director, produtor, guionista e actor)
  • Impávido (curta, 2007; guionista e supervisor de diálogos)
  • Buried (2010; director e produtor)
  • Emergo (2010; produtor)
  • Down a Dark Hall (2017; director)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Ao saír do cine o público perderá dous quilos», artigo en La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2010.
  2. "El director ourensano Rodrigo Cortés revoluciona el festival de Sundance", artigo de Rafael López-Vigo no Faro de Vigo, 27 de xaneiro de 2010 (en castelán).
  3. Concursante Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., ficha na web da AAG.
  4. "Captive in Iraq, Stymied by Voice Mail", artigo de Stephen Holden no New York Times, 23 de setembro de 2010 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]