Saltar ao contido

Rodríguez (apelido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. Rodríguez é o apelido máis común en 4 provincias españolas: Ourense, Pontevedra, Huelva e As Palmas.

Rodríguez[1] (en portugués: Rodrigues) é un apelido galego e castelán. É un dos apelidos máis frecuentes de España e tamén nos países de Hispanoamérica.[2]

En xaneiro de 2023 existían 215.988 persoas en Galicia co apelido Rodríguez, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A súa orixe é patronímica, da unión do nome Rodrigo e o sufixo «-ez», que quere dicir «fillo de». O nome Rodrigo, é de orixe protoxermánica latinizado como Roderici, *hrōþiz "fama" + *rīks "rei, gobernador". A orixe do sufixo é descoñecida, mais só se sabe que é prerrománico. O significado do apelido sería "fillo de Rodrigo" ou "fillo do rei famoso".

A orixe do apelido remóntase á Idade Media, probablemente anterior ao século XI.

Frecuencia de uso

[editar | editar a fonte]

En 2020, era o segundo apelido máis común entre os de España, con 930.659 habitantes que o tiñan como primeiro apelido.[4] Por provincias, é máis frecuente en Ourense (6,867 %), Provincia das Palmas (4,705 %), Lugo (4,642 %) e Pontevedra (4,069 %). En Portugal, Rodrigues é un dos apelidos máis comúns.

Nos países de Hispanoamérica, o apelido Rodríguez é un dos máis comúns, como en Colombia, Cuba, a República Dominicana e o Uruguai, onde ocupa o primeiro lugar,[5] mentres que na Arxentina e Venezuela é o segundo máis común,[6][7][8] e en México e o Perú ostenta o cuarto posto.[9]

  1. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2024). "Rodríguez". Guía de apelidos galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/apelidos>. Consultado o 30 de xaneiro de 2025. 
  2. "Apellidos del mundo". apellidos.de (en castelán). 
  3. Apelido Rodríguez na web do Instituto Galego de Estatística.
  4. "INEbase / Demografía y población / Análisis y estudios demográficos" (PDF) (en castelán). INE. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  5. "José y María, Rodríguez y Martínez, los nombres y apellidos más comunes en Colombia". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  6. Consejo Nacional Electoral. "Registro Electoral Febrero 2012". Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  7. Ferrer-Paris, José R. (17 de febreiro de 2019). "Todos los nombres (I)". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  8. "World Names Profiler". Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  9. "Apellidos peruanos". De Perú. Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]