Rockfield Studios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rockfield Studios

Rockfield Studios, preto de Monmouth, en Gales, nos arredores de Rockfield, Monmouthshire, son uns estudios de gravación activos desde a década de 1960, onde gravaron multitude de bandas británicas como Black Sabbath, Motörhead, Queen e Oasis.

Historia[editar | editar a fonte]

Os estudios foron fundados polos irmáns Kingsley e Charles Ward en 1963, adaptando unha granxa que xa existía.[1] En 1965, convertéronse no primeiro estudio de gravación-residencia, onde os artistas ou as bandas podían aloxarse mentres gravaban. Consta de dous estudios, Coach House e Quadrangle.

A primeira gravación con éxito dos estudios foi "I Hear You Knocking", de Dave Edmunds, gravado en 1970. Despois deste éxito, a comezos dos anos 1970 graváronse sete álbums de Budgie, varios de Hawkwind, Chameleon in the Shadow of the Night, de Peter Hammill, o exitoso sinxelo de Ace "How Long?" e o álbum Sheer Heart Attack, de Queen. En agosto de 1975, Queen gravou alí A Night At The Opera, que inclúe "Bohemian Rhapsody". Motörhead gravou por primeira vez nos estudios en 1975 e mesmo asinou contrato brevemente co selo discográfico Rockfield.[1]

Artistas[editar | editar a fonte]

Anos 1960[editar | editar a fonte]

  • The Interns
  • Love Sculpture
  • Doc Thomas Band

Anos 1970[editar | editar a fonte]

Anos 1980[editar | editar a fonte]

Anos 1990[editar | editar a fonte]

Anos 2000[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Jeff Collins, Rock Legends At Rockfield, 2007, ISBN 978-0-7083-2097-6
  2. "Zep singer returns to solo roots". BBC News (en inglés). 20 de maio de 2006. Consultado o 6 de agosto de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]