Rocío de Frutos
Rocío de Frutos | |
---|---|
Nome completo | María del Rocío de Frutos Madrazo |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1967 |
Lugar de nacemento | Valladolid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | política |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María del Rocío de Frutos Madrazo, nada en Valladolid o 21 de xaneiro de 1967, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid e diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Vigo. Profesionalmente é inspectora de traballo. Desde 1990 está destinada en Ourense. Ocupou postos de relevancia política ao traballar como secretaria xeral da subdelegación do goberno en Ourense, entre 2004 e 2008. En 2010 figurou no equipo co que Jaime Cabeza se presentou, sen éxito, ao reitorado da Universidade de Vigo, nas eleccións que foron gañadas por Salustiano Mato.
Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 2015, logo de ser designada pola dirección galega do partido e en contra da opinión da militancia, que escollera en primarias a Laura Seara.[Cómpre referencia]
Foi unha dos quince deputados do PSOE que votaron en contra na segunda sesión de investidura de Mariano Rajoy para presidente o 29 de outubro de 2016.[1]
Actualmente[cando?] é a directora provincial do INSS en Ourense.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cruz, Marisa (29/10/2016). "Rajoy, investido presidente gracias a la abstención de todos los diputados del PSOE excepto 15". El Mundo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 29 de novembro de 2020 en Wayback Machine.