Robin Widdows

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robin Widdows
Robin Widdows 1970 Nürburgring.JPG
Robin Widdows en 1970
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1968
Escudería(s) Cooper
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1968
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1968

Robin Michael Widdows, nado en Cowley (Middlesex) o 27 de maio de 1942, é un expiloto de automobilismo inglés. Participou na Fórmula 1, Fórmula Dous, Fórmula Tres e deportivos incluíndo Le Mans.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Widdows comezou a súa carreira cun MG Midget e un Lotus 23 gañando o Campionato Autosport de Clase C en 1965.[1] Moveuse a Fórmula Tres no ano seguinte[1] e en 1967 competiu en Fórmula 2 cun Brabham BT23, gañando a Copa do Rin en Hockenheim.[1] En 1968, Widdows uniuse ao equipo The Chequered Flag para competir nun McLaren M4A[1] e ese ano participou no seu único Gran Premio do Campionato do Mundo, para Cooper, no Gran Premio do Reino Unido de 1968 en Brands Hatch, pero retirouse con problemas de ignición.[1] Regresou á Fórmula 2 na seguinte tempada con Bob Gerard e tamén competiu con Sportscars para Matra Sports.[1] Widdows continuou na Fórmula 2 en 1970, cun Brabham, pero retirouse do deporte a metade da tempada.[1]

Widdows ten a rara distinción de pertencer a un grupo selecto de seis deportistas que competiron tanto no Campionato do Mundo de Fórmula Un como nos Xogos Olímpicos (bobsleigh en 1964 e 1968).[2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1968 Cooper Car Company Cooper T86B BRM V12 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR
Ret
ALE ITA CAN USA MEX NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 401. ISBN 0851127029. 
  2. Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]