Robin Hood: Defender of the Crown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robin Hood: Defender of the Crown é un videoxogo creado por Cinemaware para PlayStation 2, PC e Xbox baseado na historia de Robin Hood.

Diriximos a Robin Hood, aquel foraxido inglés que se converteu no heroe dos pobres durante o reinado de Xoán, o rei usurpador. O obxecto do xogo é conquistar territorios inimigos ó estilo do Risk por medio de minixogos nos que está en xogo diñeiro para pagar tropas numerosas e fortes. Coa espada e o arco de Robin Hood conseguiremos o noso obxectivo pero tamén necesitaremos a axuda doutros dos seus compañeiros: John, Ivanhoe, Lady Marian, Frei Tuck.