Saltar ao contido

Robin Hood, príncipe dos ladróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robin Hood, príncipe dos ladróns
 Título
   Robin Hood (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de xuño de 1991 (Suecia)
19 de xullo de 1991 (Reino Unido, Irlanda)
14 de xuño de 1991 (Estados Unidos, Canadá)
5 de setembro de 1991 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   1.85:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   48.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   390.500.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   143 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/01msrb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
6.9/10 Internet Movie Database (14 de febreiro de 2026)
51% Rotten Tomatoes (16 de xaneiro de 2026)
51/100 Metacritic (16 de xaneiro de 2026)
5.7/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0102798 Filmaffinity: 498665 Allocine: 6949 Rottentomatoes: m/robin_hood_prince_of_thieves Mojo: robinhoodprinceofthieves Allmovie: v41689 TCM: 88480 Metacritic: movie/robin-hood-prince-of-thieves TV.com: movies/robin-hood-prince-of-thieves Netlix: 60028308 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Robin Hood, príncipe dos ladróns (en inglés: Robin Hood: Prince of Thieves) é un filme estadounidense dirixido por Kevin Reynolds que se estreou en 1991.

Robin Hood (Kevin Costner) é un nobre inglés que, unido ó rei Ricardo Corazón de León na Terceira Cruzada, é encarcerado nunha prisión de Xerusalén. Na súa fuxida, coñecerá ó tamén preso Azeen (Morgan Freeman), que agradecido porque Hood lle salvara a vida, decide quedar con el ata devolverlle o favor.

Cando Robin e Azeem chegan a Inglaterra, gobernada agora polo déspota sheriff de Nottingham (Alan Rickman), axudado polo seu primo Guy de Gisborne (Michael Wincott) e a meiga Morgana (Geraldine McEwan), descobren que o pai de Robin, lord Locksley (Brian Blessed), fóra asasinado polo shériff. Para vingarse, Robin, axudado por Azeem, comeza a roubar á nobreza e á igrexa para alimentar ós máis necesitados. Por iso, o shériff valora a cabeza de Hood en cen pezas de ouro.

Agochados no bosque de Sherwood, Robin e Azeem coñecen a persoas que, por un motivo ou outro, tamén se agochan do poder do shériff de Nottingham. Unidos por unha mesma causa, o grupo liderado por Robin Hood artellan a súa vinganza. Co que non conta ninguén é que lady Marian (Mary Elizabeth Mastrantonio), con quen o shériff quere casar e ter descendencia, e Hood están namorados o un do outro.

Finalmente, cando lady Marian é obrigada, será o grupo de Hood quen a salve da fortaleza real e libere o país do Shériff de Nottingham.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]