Roberto Mario Uzal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Mario Uzal
Nacemento1915
 Provincia de Bos Aires
Falecemento18 de marzo de 1972
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Roberto Mario Uzal, nado en 1915 e finado en Oliveiras (provincia de Buenos Aires) o 18 de marzo de 1972 , foi un político arxentino, pertencente ao partido Nueva Fuerza, que foi asasinado en 1972 pola organización guerrilleira Montoneros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roberto Mario Uzal era un político de extracción conservadora. Foi deputado polo Partido Demócrata Nacional e membro da Xunta Promotora da Provincia de Buenos Aires do recentemente formado partido Nueva Fuerza dirixido por Alvaro Alsogaray.

A súa morte foi relatada do seguinte modo:

O día 18 de marzo de 1972, sendo aproximadamente as 19.45 horas, unha muller nova tocou timbre no domicilio particular do Dr. Roberto Mario Uzal. Foi atendida pola esposa a quen mencionou que viña de parte dun amigo da familia e conseguiu entrar. De inmediato facilitou o acceso a outros tres homes armados. Ao comezar a gritar a señora do dirixente, este tomou un arma e enfrontouse co grupo armado quen dixeron pertencer a Montoneros. De inmediato produciuse un intenso tiroteo caendo gravemente ferido o dono da casa, mentres que os atacantes, logo de pintar a casa con consignas, déronse á fuga, levándose consigo a un deles, ferido. O Dr. Uzal foi internado e intervido cirurxicamente na clínica de Oliveiras, onde faleceu o día 20 de marzo, dous días despois.[1]

Notas[editar | editar a fonte]