Roberto Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Fernández Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Roberto Fernández Álvarez, nado en Ourense en 1967, é un médico e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina, exerce como médico de atención primaria en Allariz.[2]

Coa súa primeira novela, A inmoral doutora Cons, gañou o XLI Premio Blanco Amor de Novela en 2022.

A obra ambiéntase en Pazos de Arenteiro, nos anos cincuenta. O narrador testemuña, Nonato González “Golpe”, rememora a chegada ao pobo da doutora África Cons del Valle.[1]

O xurado "destacou a habilidade do autor para reconstruír un tempo pasado -a década dos 50 do século XX- e o retrato certeiro do rural galego, cun matiz ourensán, fronte á perspectiva dunha médica que chega de fóra e que loita con valentía para desbotar prexuízos instalados naquela sociedade, principalmente no eido sanitario".[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Enfermos pobres, médicos tristes. Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas (2017). Santiago: Urco Ed. 202 páxs. ISBN 978-84-942726-6-0. Achega a figura do médico rural.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Roberto Fernández Álvarez gaña o Premio Blanco Amor". La Voz de Galicia. 2022-11-29. Consultado o 2022-11-30. 
  2. Región, La (2022-11-30). "Un médico rural de Allariz gaña o Premio Blanco Amor de novela longa". La Región. Consultado o 2022-11-30. 
  3. "Roberto Fernández Álvarez, gañador...". depo.ourense. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  4. "A inmoral doutora Cons". Aira Editorial. Consultado o 2023-03-24. 
  5. Ourense, Redacción (2017-02-04). "Roberto Fernández gana el Premio Risco con un trabajo sobre los médicos rurales". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-11-30. 
  6. Simón-lorda, David (2017-11-30). "DIARIO DE UN MÉDICO DE GUARDIA: "Enfermos pobres, médicos tristes" en la Facultad de Medicina de Santiago". DIARIO DE UN MÉDICO DE GUARDIA. Consultado o 2022-11-30. 
  7. "'Enfermos pobres, médicos tristes', premiada co Vicente Risco de Ciencias Sociais CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-11-30.