Saltar ao contido

Roberto Carlos da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Carlos da Silva

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Roberto Carlos Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Roberto Carlos da Silva Rocha Editar o valor en Wikidata
10 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Garça, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 15 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1993 União São João Esporte Clube 0(0)
1992–1992 cesión Clube Atlético Mineiro 3(0)
1993–1995 SE Palmeiras 44(3)
1995–1996   Inter de Milán 30(5)
1996–2007   Real Madrid CF (defensa)370(47)
2007–2009 Fenerbahçe (defensa)65(6)
2010–2011 Sport Club Corinthians Paulista 35(1)
2011–2012 FC Anji Makhachkala 25(4)
2015–2016 Delhi Dynamos Football Club 4(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1991   Brasil sub-20
1992–2006   Brasil 125(10)
Participou en
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webrobertocarlosofficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2006540 Facebook: Oficial.RobertoCarlos Twitter: Oficial_RC3 Instagram: oficialrc3 Youtube: UC7opDgbhbIjQU15iZzAncvQ TikTok: oficialrc3 BNE: XX4681195 Discogs: 977858 FIFA: 170688 UEFA: 17387 Editar o valor en Wikidata

Roberto Carlos da Silva, nado en Garça (Estado de São Paulo) o 10 de abril de 1973, é un futbolista brasileiro. Xogou de lateral esquerdo e Estivo en activo como xogador ata 2015, ano en que comezou a súa traxectoria como adestrador.

Comezou a súa carreira no União São João de Araras, xogou para o Palmeiras, Inter Milán, Real Madrid e foi 120 veces internacional coa selección nacional de fútbol do Brasil coa que gañou a Copa do Mundo de 2002. Desde o 2 de agosto de 2005 goza de dobre nacionalidade hispano-brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros pasos futbolísticos foron en 1980 en Araras unha cidade do Estado de Sao Paulo. O equipo onde comezou chamábase União São João. Con 14 anos chegou ó primeiro equipo, con 16 debutou na selección Sub-20 do Brasil e con 18 xogou no Palmeiras, sendo convocado coa selección do Brasil.

En 1995 deu o salto ó fútbol europeo recalando no Inter de Milán, para un ano despois incorporarse á disciplina do Real Madrid da man de Fabio Capello, onde xogou 11 temporadas converténdose no xogador non español con máis partidos xogados no Real Madrid.

Destacou pola súa velocidade, os seus remates fortes co seu pé esquerdo. Disto cabe destacar o espectacular gol de falta dende cerca do medio do campo que lle marcou á selección francesa no mundialiño do 97, previo ó mundial do 98. A nivel de logros gañou 4 ligas, 3 supercopas, 3 ligas de campións, a Supercopa de Europa e 2 Copas Intercontinentais.

Foi nomeado por Pelé como un dos 125 mellores xogadores que permanecen con vida (FIFA 100).

O 9 de marzo de 2007 anunciou a declaracións á cadea de radio española Onda Cero, que ó final da tempada 2006-2007 deixaría de vestir a camiseta do Real Madrid. O 5 de xuño de 2007 firmou por 3 temporadas co Fenerbahçe turco.

Participacións nas Copas do Mundo

[editar | editar a fonte]
  • Na Copa Mundial de fútbol de 1998 en Francia quedaron subcampións.
  • Na Copa Mundial de fútbol de 20002 en Corea do Sur e o Xapón quedaron campións.
  • Na Copa Mundial de fútbol de 2006 en Alemaña quedaron nos cuartos de final.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]

Logrou co Palmeiras do Brasil nas tempadas 1993 e 1994 o Campionato Brasileiro; co Real Madrid de España nas tempadas 1997, 2001, 2003 e na 2007 a Liga Española, e tamén co Real Madrid conseguiu nas tempadas 1997,2001 e 2003 a Supercopa de España.

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]

Co Brasil conseguiu a Copa América no 1997 e 1999, a Copa Confederacións no 1997, e a Copa Mundial de Fútbol no 2002; logo co Real Madrid logrou a Liga de Campións da UEFA en 1998,2000 e no 2002, a Copa Intercontinental nos anos 1998 e 2002 e gañou a Supercopa de Europa en 2002.

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
  • Balón de prata en 2002
  • FIFA World Player, prata en 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]