Robert Remus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Remus
Wwe wrestler sgt slaughter.jpg
Nacemento27 de agosto de 1948
 Detroit
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónloitador profesional
PremiosWWE Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Robert Remus, nado o 27 de agosto de 1948 en Detroit, é un loitador profesional estadounidense semiretirado, coñecido polo alcume de Sgt. Slaughter. Actualmente traballa para a WWE na marca RAW. Foi incluído no WWE Hall of Fame en 2004.

Debido á súa complexión atlética, comezou a introducirse no mundo da loita libre en 1975 e debutou profesionalmente na federación AWA, onde creou o personaxe do Sarxento Slaughter, un patriótico instrutor militar con mal xenio.

En 1981 foi contratado pola WWF e ao longo da década chegou a ser un loitador respectado e querido. A súa popularidade foi tal que ata a casa de xoguetes Hasbro creou un boneco de acción inspirado nel, dentro da colección dos entrañables G.I. Joe, que viña co seu bastón de mando e conducindo un tanque. Ademais encargouse de prestar a súa voz a este personaxe ao longo das tres series de animación estreadas entre 1985 e 1990. Outro dos seus traballos como actor foi interpretándose a si mesmo na película Bad Guys (1986).

Abandonou a WWF en 1985 pero regresou en 1991 cunha imaxe renovada. O seu personaxe converteuse nun simpatizante dos iraquís e tivo como aliado a Mustafá, gañando así as antipatías dos espectadores. Pouco despois foi derrotado no ring por Hulk Hogan nun lendario e longo combate onde este lle pasou a bandeira norteamericana pola cara. En tempos aínda próximos á Guerra del Golfo, a súa imaxe negativa ante os norteamericanos chegou a causar unha enorme polémica, ata o punto de que Vince McMahon trasladou a competición de Wrestlemania VII ao "L. A. Sports Arena", en lugar do tradicional "Olympic Stadium" dos Ánxeles, por razóns de seguridade persoal cara a Slaughter. Tan improbable xiro argumental formaba parte da ficción do show e certo tempo máis tarde tornou a ser do "bando dos bos".

Aínda que a mediados dos 90 moitos dos seus veteranos compañeiros pasaron ás filas da "WCW", el seguiu vinculado á "WWF"/"WWE". Na actualidade está retirado pero traballa como enlace entre directivos e loitadores na WWE. Nalgunhas ocasións chegou a participar nalgúns combates lendarios e formou un equipo de loitadores veteranos completado por Ric Flair, Roddy Pipper, Dusty Rhodes e Arna Anderson. En 2004 foi incluído no "Hall of Famne de la WWE". Á marxe deste labor, tamén desenvolveu unha notable actividade vinculada á axuda humanitaria contra a pobreza infantil e a drogadicción, realizando varias campañas para trasmitir valores positivos.

O 24 de xuño de 2007 apareceu no evento de pagamento por visión da WWE Vengeance, facendo parella con Snuka na loita polo WWE Tag Team Championship contra Deuce e Domino, na que retiveron o título. Despois do combate Deuce e Domino agrediron a Snuka e Slaughter e entraron a defendelos as lendas Rick Martel e Tony Garea.

Os seus golpes son o Cobra clutch, Camel clutch (1990-1991), Atomic Noogie (1990), Slaughter Cannon, Super Slaughter Cannon, Gutbuster, Backbreaker, Inverted suplex slam, Multiple elbow drops, Piledriver e Bear hug.

Tivo como mánagers a Lord Alfred Hayes, Bobby "The Brain" Heenan, The Grand Wizard, General Adnan e Oliver Humperdink.