Robert Mills

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Mills

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1928 Editar o valor em Wikidata
Englewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Charleston, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
George School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseNorman Myles Kroll (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico , físico teórico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ohio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrederick C. Mills (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 180856759 Editar o valor em Wikidata

Robert L. Mills, nado en Englewood (Estados Unidos de América) o 15 de abril de 1927 e finado en Charleston (EUA) o 27 de outubro de 1999, foi un físico, especializado na teoría cuántica de campos, teoría de aliaxes, e teoría de moitos corpos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mills naceu en Englewood, Nova Jersey (EEUU),[1] e graduouse na 'George School'. Despois estudou no Columbia College, entre 1944 e 1948, mentres estaba destinado nos gardacostas. Mills amosou a súa habilidade matemática gañando a Competición Matemática William Lowell Putnam en 1948, e rematando como primeiro da clase no correspondente 'Tripos' (nome que se lles da na institución a cada unha das liñas de estudos posibles). Fixo un máster na Universidade de Cambridge, e o doutorado en física con Norman Kroll, na Universidade de Columbia en 1955. Despois dun ano no Instituto de Estudos avanzados de Princeton, New Jersey, foi profesor de física na Universidade Estatal de Ohio dende 1956 ata o seu retiro en 1995.[2]

Cando compartían unha oficina no Brookhaven National Laboratory, en 1954, Chen Ning Yang e Mills propuxeron unha ecuación tensorial (agora coñecida como campo Yang-Mills). Esta ecuación redúcese ás Ecuacións de Maxwell como un caso especial (ver teoría gauge:

.

Mills e Yang gañaron en 1980 o 'Rumford Premium Prize' da Academia Americana de Artes e Ciencias (AAAS) polo seu "desenvolvemento dunha teoría xeneralizada de campo gauge invariante" no 1954.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Staff. A COMMUNITY OF SCHOLARS: The Institute for Advanced Study Faculty and Members 1930-1980 Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine., p. 292. Institute for Advanced Study, 1980. Consultado o 22 de novembro de 2015. "Mills, Robert L. 55-56 M(NS), Theoretical Physics Born 1927 Englewood, NJ."
  2. The New York Times. "Dr. Robert Mills, 72, Contributed to Study of Subatomic Particles" Arquivado 09 de marzo de 2014 en Wayback Machine., South Florida Sun-Sentinel, 31 de outubro de 1999. Consultado o 2 de novembro de 2012. "Dr. Mills, who lived in Columbus, was born on April 15, 1927, in Englewood, N.J."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]