Robert Drake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Drake
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 1960
Escudería(s) Maserati privado
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1960
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1960


Robert Eldon "Bob" Drake, nado en San Francisco (California) o 14 de decembro de 1919 e finado en Woodland Hills o 18 de abril de 1990, foi un piloto de automobilismo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o 20 de novembro de 1960. Non logrou puntos de campionato. Drake foi o último piloto en competir co famoso Maserati 250F nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1960. O 250F foi un coche Gran Premio con motor de 2.5 litros que foi considerado obsoleto en 1961 debido ás novas regras de motores. Ademais de ser piloto de coches de carreiras, foi mergullador naval, restaurador e intérprete.[1]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1960 Joe Lubin Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA
13
NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bob Drake". F1 Rejects. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2014. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]