Robaliza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Robalo")
Robaliza
Dicentrarchus labrax01.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Moronidae
Xénero: 'Dicentrarchus'
Especie: ''D. labrax''
Nome binomial
''Dicentrarchus labrax''
(Linnaeus, 1758)
Dicentrarchus labrax map.png

Sinonimia
  • Perca labrax Linnaeus, 1758
  • Labrax labrax (Linnaeus, 1758)
  • Morone labrax (Linnaeus, 1758)
  • Roccus labrax (Linnaeus, 1758)
  • Sciaena labrax (Linnaeus, 1758)
  • Sciaena diacantha Bloch, 1792
  • Labrax diacanthus (Bloch, 1792)
  • Perca diacantha (Bloch, 1792)
  • Centropomus lupus Lacepède, 1802
  • Dicentrarchus lupus (Lacepède, 1802)
  • Labrax lupus (Lacepède, 1802)
  • Centropomus mullus Lacepède, 1802
  • Perca elongata É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1817
  • Dicentrarchus elongatus (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)
  • Labrax elongatus (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)
  • Perca sinuosa É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1817
  • Labrax vulgaris Guérin-Méneville, 1829-38
  • Labrax linnei Malm, 1877

A robaliza (Dicentrarchus labrax), ou robalo (unha robaliza grande), é un peixe perciforme da familia dos Moronidae, con aletas con radios espiñosos, moi apreciados entre os pescadores polo seu exquisito sabor. Chega a medir 100 cm de lonxitude.

Robaliza.

Descrición[editar | editar a fonte]

O corpo é alongado, mide entre 10 e 100 cm de lonxitude; con labios carnosos; no ángulo superior do opérculo hai dúas espiñas curtas. A cor é variante, dende gris escuro no lombo ata chegar a ser branco na parte ventral, aínda que na auga se ve prateado brillante, máis plúmbeo no lombo, con irisacións verde oliva.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A robaliza encóntrase nas costas rochosas dos areais, as desembocaduras dos ríos e sobre todo os portos, dársenas, peiraos e diques. Este achegamento á costa adoita ser maior nos meses de calor, afastándose en inverno. Os exemplares novos viven en bancos, volvéndose solitarias cando se fan maiores. A profundidade na que se pode encontrar é de 0 a 15 metros.

Prefire as augas osixenadas, aínda que pode chegar a penetrar en augas doce.

Comportamento[editar | editar a fonte]

A época de postas transcorre entre xaneiro e marzo. É moi voraz, a súa dieta componse de crustáceos, vermes, peixes, ourizos de mar e outros animais mariños, así como de algas.

Cría[editar | editar a fonte]

A súa crianza está estendida en moitos países mediterráneos. Os centros de reprodución producen ovos e larvas a partir de individuos reprodutores en condicións moi controladas. Cada femia pode chegar a poñer ata 250.000 ovos por quilo de peso. A desova é espontánea ou inducida e toda a posta é expulsada en só 2 ou 3 días. Durante o seu primeiro mes de vida aliméntanse de organismos vivos. Ao finalizar este mes comézaselles a destetar, e progresivamente inician unha alimentación a base de pensos secos. As robalizas de entre 2 e 10 g están listas para pasar ás unidades de engorde.

As instalacións de engorde compóñense de gaiolas flotantes no mar, tanques de formigón ou estanques de terra. En todos eles aliméntase as robalizas con pensos fabricados a partir de fariñas e aceite de peixe. Cada robaliza tarda entre 24 e 30 meses en alcanzar 400 g dende que eclosiona do ovo. O talle comercial abrangue dende os 180 g ata máis de 1.500 g, momento no que xa se pode comercializar.

Pesca[editar | editar a fonte]

Na pesca da robaliza ao corricán ou cacea hai dous factores primordiais: os cebos e a velocidade da embarcación, que debe de ser o máis aproximado aos 2 nós. En velocidades superiores dificilmente pican. En canto aos cebos, hoxe existe gran variedade de cebos para pescar a robaliza, dende anguías de vinilo, rapalas, pel de porco, culleriñas etc, pero indubidablemente o mellor cebo é o natural.

Tamén se pode pescar con liña ou con palangre.

Lexislación española[editar | editar a fonte]

Dúas robalizas ao forno cun prago entre elas.

O regulamento español de pesca deportiva no mar non ten definida ningunha parada (veda) na pesca da robaliza. Non obstante, o tamaño de captura debe ser superior a 18 cm de lonxitude.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robaliza Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Robaliza