Road to Perdition

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Road to perdition»)

Camiño á perdición
Ficha técnica
Título orixinalRoad to Perdition
DirectorSam Mendes
ProdutorSam Mendes
Dean Zanuck
Richard D. Zanuck
GuiónDavid Self
Max Allan Collins
Richard Piers Rayner
Baseado enRoad to Perdition de Max Allan Collins e Richard Piers Rayner
IntérpretesTom Hanks
Paul Newman
Jude Law
Daniel Craig
Jennifer Jason Leigh
Stanley Tucci
Tyler Hoechlin
MúsicaThomas Newman
FotografíaConrad L. Hall
MontaxeJill Bilcock
DistribuidoraDreamWorks
20th Century Fox
Estrea2002
Duración117 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$80 000 000
Recadación$181 000 000[1]
Na rede
http://www.roadtoperdition.com
IMDB: tt0257044 Filmaffinity: 159463 Allocine: 28874 Rottentomatoes: m/road_to_perdition Mojo: roadtoperdition Allmovie: v263135 TCM: 411840 Metacritic: movie/road-to-perdition TV.com: movies/road-to-perdition Netlix: 60023600Editar o valor em Wikidata

Road to Perdition é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou no 2002. O guión foi adaptado por David Self dende Road to Perdition de Max Allan Collins. Está protagonizado por Tom Hanks, Paul Newman, Jude Law e Daniel Craig. A historia ten lugar en 1931, durante a Gran Depresión, e conta como un membro da mafia e o seu fillo buscan vinganza polo asasinato do resto da súa familia.

A rodaxe tivo lugar na área de Chicago. Mendes, que fixera había pouco tempo o aclamado American Beauty (1999), conseguiu unha historia cun diáologo mínimo que transmitise a emoción a través das imaxes. O fotógrafo Conrad L. Hall empregou o ambiente para crear un simbolismo para o filme, polo cal gañou varios premios, incluíndo un Oscar póstumo á mellor fotografía. O filme explora diversos temas, como as consecuencias da vinganza e as relacións paternofiliais.

Foi estreado o 12 de xullo de 2002, e acadou unha recadación de máis de $180 millóns en todo o mundo.[1] A fotografía, a ambientación e as interpretacións de Hanks e Newman foron moi ben acollidos pola crítica.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Nos escuros anos da Gran Depresión, Michael Sullivan é un asasino a soldo que se debate entre a lealdade inquebrantable ó seu xefe, o señor Rooney, e a súa propia familia. Son tempos duros en Rock Island, onde a mafia irlandesa impón a súa lei. A Lei Seca segue estando vixente e os gánsteres como Al Capone están no cumio do poder.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Tom Hanks como Michael Sullivan, home que traballa para John Rooney.
  • Tyler Hoechlin como Michael Sullivan. Hoechlin foi escollido entre 2,000 candidatos para interpretar o fillo de Michael Sullivan.
  • Paul Newman como John Rooney, o xefe do crime, que trata a Michael Sullivan como se fose o seu propio fillo. Newman foi unanimamente escollido para este papel
  • Jude Law como Harlen Maguire, un fotógrafo de escenas de crimes que tamén é un asasino.
  • Daniel Craig como Connor Rooney, o inestable e violento fillo de John Rooney.
  • Stanley Tucci como Frank Nitti, un subordinado de Al Capone. Tucci xa ten interpretado papeis en filmes de gangster, recreando o estereotipo de Hollywood de que tódolos italoamericanos son gangsters. O actor, atraído pola idea de traballar con Mendes, aceptou o papel de Nitti, un gangster real de Chicago.[2]
  • Jennifer Jason Leigh como Annie Sullivan, a muller de Michael Sullivan.
  • Liam Aiken como Peter Sullivan, o fillo máis novo de Michael Sullivan.
  • Dylan Baker como Alexander Rance.
  • Ciarán Hinds como Finn McGovern, o home asasinado por Connor Rooney.
  • Anthony LaPaglia como Al Capone, o famoso xefe do crime.[3] Só sae nas escenas eliminadas da versión en DVD.[4]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Road to Perdition (2002)". Consultado o 24 de abril de 2010. 
  2. Clint O'Connor (2002-07-07). "Out of Season". The Plain Dealer. 
  3. "Capone chats with Max Allan Collins about why he isn't in ROAD TO PERDITION!!!!". Ain't It Cool News. 2002-04-26. Consultado o 2007-06-06. 
  4. Tom Woodward. "Road to Perdition: DTS Edition". DVDActive.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 2007-06-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]