Road to Perdition
Ficha técnica | |
---|---|
Título orixinal | Road to Perdition |
Director | Sam Mendes |
Produtor | Sam Mendes Dean Zanuck Richard D. Zanuck |
Guión | David Self Max Allan Collins Richard Piers Rayner |
Baseado en | Road to Perdition de Max Allan Collins e Richard Piers Rayner |
Intérpretes | Tom Hanks Paul Newman Jude Law Daniel Craig Jennifer Jason Leigh Stanley Tucci Tyler Hoechlin |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Conrad L. Hall |
Montaxe | Jill Bilcock |
Distribuidora | DreamWorks 20th Century Fox |
Estrea | 2002 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $80 000 000 |
Recadación | $181 000 000[1] |
Na rede | |
http://www.roadtoperdition.com | |
Road to Perdition é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou no 2002. O guión foi adaptado por David Self dende Road to Perdition de Max Allan Collins. Está protagonizado por Tom Hanks, Paul Newman, Jude Law e Daniel Craig. A historia ten lugar en 1931, durante a Gran Depresión, e conta como un membro da mafia e o seu fillo buscan vinganza polo asasinato do resto da súa familia.
A rodaxe tivo lugar na área de Chicago. Mendes, que fixera había pouco tempo o aclamado American Beauty (1999), conseguiu unha historia cun diáologo mínimo que transmitise a emoción a través das imaxes. O fotógrafo Conrad L. Hall empregou o ambiente para crear un simbolismo para o filme, polo cal gañou varios premios, incluíndo un Oscar póstumo á mellor fotografía. O filme explora diversos temas, como as consecuencias da vinganza e as relacións paternofiliais.
Foi estreado o 12 de xullo de 2002, e acadou unha recadación de máis de $180 millóns en todo o mundo.[1] A fotografía, a ambientación e as interpretacións de Hanks e Newman foron moi ben acollidos pola crítica.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nos escuros anos da Gran Depresión, Michael Sullivan é un asasino a soldo que se debate entre a lealdade inquebrantable ó seu xefe, o señor Rooney, e a súa propia familia. Son tempos duros en Rock Island, onde a mafia irlandesa impón a súa lei. A Lei Seca segue estando vixente e os gánsteres como Al Capone están no cumio do poder.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Hanks como Michael Sullivan, home que traballa para John Rooney.
- Tyler Hoechlin como Michael Sullivan. Hoechlin foi escollido entre 2,000 candidatos para interpretar o fillo de Michael Sullivan.
- Paul Newman como John Rooney, o xefe do crime, que trata a Michael Sullivan como se fose o seu propio fillo. Newman foi unanimamente escollido para este papel
- Jude Law como Harlen Maguire, un fotógrafo de escenas de crimes que tamén é un asasino.
- Daniel Craig como Connor Rooney, o inestable e violento fillo de John Rooney.
- Stanley Tucci como Frank Nitti, un subordinado de Al Capone. Tucci xa ten interpretado papeis en filmes de gangster, recreando o estereotipo de Hollywood de que tódolos italoamericanos son gangsters. O actor, atraído pola idea de traballar con Mendes, aceptou o papel de Nitti, un gangster real de Chicago.[2]
- Jennifer Jason Leigh como Annie Sullivan, a muller de Michael Sullivan.
- Liam Aiken como Peter Sullivan, o fillo máis novo de Michael Sullivan.
- Dylan Baker como Alexander Rance.
- Ciarán Hinds como Finn McGovern, o home asasinado por Connor Rooney.
- Anthony LaPaglia como Al Capone, o famoso xefe do crime.[3] Só sae nas escenas eliminadas da versión en DVD.[4]
Galardóns
[editar | editar a fonte]- 2002: Oscar á mellor fotografía. 6 nomeamentos.
- 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Paul Newman).
- 2002: 2 premios BAFTA: Mellor fotografía, deseño de produción. 3 nomeamentos.
- 2002: Nomeada ó León de Ouro no Festival de Venecia: Mellor director (Sam Mendes).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Road to Perdition (2002)". Consultado o 24 de abril de 2010.
- ↑ Clint O'Connor (2002-07-07). "Out of Season". The Plain Dealer.
- ↑ "Capone chats with Max Allan Collins about why he isn't in ROAD TO PERDITION!!!!". Ain't It Cool News. 2002-04-26. Consultado o 2007-06-06.
- ↑ Tom Woodward. "Road to Perdition: DTS Edition". DVDActive.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 2007-06-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web Oficial (en inglés)