Ro
Ro | |
---|---|
Ρω | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Dodecaneso |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 36°09′19″N 29°29′50″L / 36.15528, -29.49722Coordenadas: 36°09′19″N 29°29′50″L / 36.15528, -29.49722 |
Xeografía | |
Superficie | 1´476 km² |
Longura máxima | 2´63 km. |
Largura máxima | 0'700 |
Punto máis alto | 87 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada (2011) |
Lingua propia | Grego |
Ro ou Rho (grego: Ρω) é unha pequena illa grega no leste do mar Mediterráneo preto de Kastellorizo, preto da costa turca. É parte da municipalidade de Megisti, na prefectura do Dodecaneso.
Xunto con outros illotes da rexión circundante, Ro foi obxecto dunha disputa de soberanía na década de 1920 entre Turquía e Italia, que nese momento estaba en posesión de Kastelorizo e as illas do Dodecaneso. A controversia resolveuse nun tratado de 1932, que asignou Ro do lado italiano. Para rematar, pasou á soberanía grega en 1947, xunto coas outras antigas posesións italianas no mar Exeo.
Ro estivo deshabitada a maior parte da historia, agás da muller grega que a fixo famosa, Despina Achladioti. Cada día, Achladioti, tamén coñecida como a Señora de Ro, izaba na illa unha bandeira grega, claramente visible desde o territorio turco, ata a súa morte en 1982.
Unha pequena unidade militar grega ten base agora na illa, co deber primordial de continuar a tradición de izar a bandeira, establecida por Achladioti. O censo de 2011 non reflicte residentes permanentes.
O illote denomínase Kara Ada en turco.