Ritchie Valens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ritchie Valens
Nome completoRichard Steven Valenzuela Reyes
AlcumeRitchie Valens, Ricky Ricardo, Richard Valenzuela e Little Richard
Nacemento13 de maio de 1941
Lugar de nacementoPacoima
Falecemento3 de febreiro de 1959
Lugar de falecementoClear Lake
Causaaccidente ou incidente de aviación
SoterradoCemitério San Fernando Mission
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Alma máterSan Fernando High School
Ocupacióncantante, cantautor, compositor, guitarrista e compositor de cancións
PremiosGrammy Hall of Fame, star on Hollywood Walk of Fame e Salón da Fama do Rock
Na rede
https://www.ritchievalens.com/
IMDB: nm0884023 Rottentomatoes: celebrity/ritchie_valens
Last fm: Ritchie+Valens Musicbrainz: 5222714d-21ee-4061-87f7-c749f1586790 Discogs: 200956 Allmusic: mn0000279141 WikiTree: Valenzuela-180 Find a Grave: 1363 Deezer: 11731 Genius: Ritchie-valens Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Richard Steven Valenzuela, nado en Pacoima, Os Ánxeles, o 13 de maio de 1941 e finado en Clear Lake, Iowa, o 3 de febreiro de 1959, foi un cantante, compositor e guitarrista estadounidense coñecido como Ritchie Valens. Pioneiro do rock and roll e predecesor do movemento do rock chicago, Valens faleceu nun accidente aéreo oito meses despois de iniciar as súas gravacións.[1]

Valens tivo varios éxitos, especialmente "La Bamba", que adaptou dunha canción folclórica mexicana, transformándoa nunha canción con ritmo de rock que se converteu nun éxito en 1958,[2][3] o que converteu a Valens nun pioneiso do rock en castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Ritchie Valens naceu en Pacoima, distrito do condado dos Ánxeles (California), en 1941. Os seus pais, José Esteban Valenzuela (1896–1952) e Concepción Reyes (1915–1987),[4][5] eran de México. Foi o segundo de cinco fillos, o máis velo Bob Morales e os máis novos Connie, Irma e Mario Ramirez.

Medrou escoitando música mariachi tradicional mexicana, así como a guitarra flamenca,[6] rhythm and blues e blues.

Valens expresou interese en facer a súa propia música aos cinco anos. O seu pai foi quen o alentou a que aprendese a tocar a guitarra e a trompeta, e posteriormente fixo o mesmo de xeito autodidacta coa batería. Aínda que Valens era manicho, estaba arelaba tanto aprender a tocar a guitarra que dominou a versión destra do instrumento. No tempo en que asistiu ao Pacoima Junior High School, o seu dominio da guitarra era tal que levaba o instrumento á escola e cantaba para os seus compañeiros nas bancadas.[7]

Cando tiña dezaseis anos, Valens foi convidado a unirse como guitarrista a unha banda local chamada The Silhouettes. Cando o cantante principal abandonou o grupo, Valens asumiu o posto e o 19 de outubro de 1957 debutou con eles. Ademais de actuar con The Silhouettes, tocaba como solista en festas e outras reunións.[8]

Carreira[editar | editar a fonte]

En maio de 1958, foi descuberto por Bob Keane, propietario e presidente da compañía Del-Fi Records, unha pequena discográfica de Hollywood. Chegáralles a información dun novo talento de só dezaseis anos do Val de San Fernando que era alcumado o "Little Richard da rexión". Un sábado pola mañá, Keane viu por primeira vez unha actuación de Valens nun local de cinema de San Fernando. Impresionado, decidiu convidalo á súa casa de Silver Lake, onde Keane tiña un pequeno estudio de gravación no soto. O equipo constaba dun antigo gravador portátil Ampex 6012 de dúas canles e un par de micrófonos Telefunken U-87.

Gravaron varias cancións, en que Valens tocou e cantou, que logo regravaron nos estudios Gold Star. Algunhas desas maquetas foron rescatadas para o disco Ritchie Valens — The Lost Tapes. Dese día son dúas cancións que logo foron melloradas en Gold Star engadíndolles outros instrumentos; unha delas foi "Donna" (que cantara por primeira vez nun teléfono público, dedicándolla á súa moza Donna Ludwig[9]), e a outra a instrumental "Ritchie's Blues", que executaba nunha parte empregando un lapis.

Despois de varias sesións no seu estudio privado, de escribir letras e arranxar cancións, Keane considerou a Valens preparado para gravar nun estudio cunha banda que o acompañase. Por suxestión de Keane, cambiou o seu nome polo de "Ritchie" e adoptou o apelido "Valens" en lugar de Valenzuela, para causar mellor efecto perante o público de lingua inglesa.[10] As primeiras cancións que gravou, unha tarde de xullo de 1958, foron "Come On, Let's Go", acreditada a Valens/Kuhn (nome real de Keane) e "Framed", acreditada a Jerry Leiber e Mike Stoller.

O seguinte disco que gravou foi o derradeiro da súa vida, o dobre sinxelo que incluía "Donna" e "La bamba".

Morte[editar | editar a fonte]

Restos da avioneta que se estrelou en Iowa
Placa conmemorativa de Valens, Holly e The Big Bopper

A comezos de 1959, Valens participaba na chamada "Winter Dance Party", unha xira de grandes estrelas do rock and roll polo centro dos Estados Unidos. No medio da xira, a calefacción do autobús en que viaxaban os artistas estradouse, e a mala organización da xira non previra algo así e non contratara ninguén que fose quen de amañala. Para evitar unha noite máis de viaxe nesas condicións, Buddy Holly, outra das estrelas da xira, tivo a idea de alugar unha avioneta para catro persoas despois do seu concerto no Surf Ballroom de Clear Lake, Iowa, para chegar cunto antes a un hotel para descansar comodamente. Á parte de Holly había sitio para outros dous músicos máis, entre eles Valens, que lle gañara o posto a cara ou cruz a outro artista, Tommy Allsup. Valens tiña quince anos cando se produciu a colisión aérea de Pacoima no patio do seu instituto. El non estaba ese día en clase porque era o funeral do seu avó,[11][12] mais pesadelos recorrentes da traxedia provocáranlle medo a voar.[13]

A avioneta era unha Beechcraft Bonanza pilotada por un mozo con pouca esperiencia, e partiu na madrugada do 3 de febreiro de 1959 en medio dunha gran nevarada. Pénsase que o piloto non tiña coñecementos suficientes e desconcertado pola neve que cubría todo, equivocaríase ao ler os instrumentos, único xeito de voar entre nubes e campos absolutamente brancos. Por iso, en lugar de subir a avioneta baixou e estrelouse a oito quilómetros do lugar de engalaxe, nun campo próximo ao aeroporto. Non houbo superviventes.[14]

Ritchie Valens foi enterrado no San Fernando Mission Cemetery de Mission Hills, California.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Lou Diamond Phillips en 1987. Interpretou a Valens no filme A bamba (1987)

Ritchie obtivo de forma póstuma unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1990,[15] e en 2001 foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame. O seu traballo pioneiro tamén é lembrado no Rockabilly Hall of Fame.

En 1987 estreouse o filme A bamba, que narraba a súa vida. O actor Lou Diamond Phillips interpreou a Valens, mentres que o grupo Los Lobos se encargou da banda sonora.

En 1988, Ken Paquette, artista e admirador da música dos anos cincuenta, erixiu un monumento no campo onde se estrelou o avión. A escultura de aceiro representa unha guitarra e tres dicos cos nomes dos artistas que faleceron no accidente. Localízase nun sector privado, no 315th Streety Gull Avenue, aproximadamente a 13 km ao norte de Clear Lake. Tamén ser realizou outros segundo monumento en Riverside Ballroom en Green Bay, Wisconsin, inaugurado o 17 de xullo de 2003.[16]

En 2019, a vesión de Valens de "La Bamba" foi seleccionada pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos para a súa conservación no National Recording Registry como "cultural, histórica e esteticamente significativa".[17][18] Ironicamente, a familia Valenzuela só falaba na casa en inglés, e Valens aprendeu a letra foneticamente para gravar "La Bamba" en castelán.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Come On, Let's Go (POP n.º 42, R&B n.º 27) / Framed -- Del-Fi 4106 (novembro de 1958)
  • Donna (POP n.º 2, R&B n.º 11; UK n.º 29) / La Bamba (POP n.º 22) -- Del-Fi 4110 (novembro de 1958)
  • Fast Freight / Big Baby Blues -- Del-Fi 4111 (xaneiro de 1959, a edición orixinal foi presentada como "Arvee Allens", mentres que as edicións posteriores se presentaron como "Ritchie Valens")
  • That's My Little Suzie (POP n.º 55) / In A Turkish Town -- Del-Fi 4114 (marzo de 1959)
  • Little Girl (POP n.º 92) / We Belong Together -- Del-Fi 4117 (xuño de 59) (A&A) 26-12-18
  • Big Baby Blues / Stay Beside Me -- Del-Fi 4128 (outubro de 59)
  • The Paddiwack Song / Cry, Cry, Cry -- Del-Fi 4133 (febreiro de 60)
  • La Bamba 1987 / La Bamba (versión orixinal) -- Del-Fi 1287 (1987)
  • Come On, Let's Go / La Bamba -- Del-Fi 51341 (1998)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ritchie Valens - the Pioneer of Rock and Roll". EF News International. 16 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  2. Letivan, Corey (5 de xullo de 2005). "Latino rockers no longer lost in translation". Daily Breeze. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  3. "TEMAS | Rock en Venezuela" (en castelán). Mipunto.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  4. Ritchie Valens, estrella fugaz de legado eterno Arquivado 03 de xullo de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xullo de 2015
  5. Ritchie Valens por Dwight D. Lane[Ligazón morta] Consultado o 2 de xullo de 2015 (en inglés)
  6. City News Service (13 de maio de 2016). "LA declares Ritchie Valens Day on 75th anniversary of his birth". Los Angeles Daily News (LDN). Los Angeles Daily News (LDN). Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  7. Keane, Bob (6 de outubro de 2006). The Oracle of Del-Fi. Del-Fi International Books. ISBN 978-0976810513. 
  8. Biografía de Ritchie Valens Consultado o 2 de xullo de 2015
  9. McIntosh, Barbara (4 de setembro de 1987). "The Reveries of Valens' Donna". The Washington Post. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  10. "Valens, Ritchie." Encyclopedia of Popular Music, 4th ed. Ed. Colin Larkin. Oxford Music Online. Oxford University Press. Web. 15 Feb. 2016.
  11. CECILIA RASMUSSEN (28 de xaneiro de 2007). "The day fiery disaster fell from the sky". Consultado o 15 de maio de 2021. 
  12. Allen, David (19 de febreiro de 2021). "Childhood pal recalls Ritchie Valens as 'sweet,' 'tough' from California home". Consultado o 15 de maio de 2021. 
  13. Kahler, Karl (29 de decembro de 1988). "On Pacoima Playground With Ritchie Valens : Grief Moves Him to Save Lives". Consultado o 15 de maio de 2021. One student developed an intense fear of flying after the accident--Ricardo Valenzuela, who later adopted the name Ritchie Valens. 
  14. The day the music died Consultado o 2 de xullo de 2015
  15. Spencer, Starr (1990). "Ritchie Valens Finally Gets His Star". Chicago Tribune. 
  16. Jordan, Jennifer (11 de abril de 2007). "The Day the Music Died". ArticlesTree. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2012. 
  17. Andrews, Travis M. (20 de marzo de 2019). "Jay-Z, a speech by Sen. Robert F. Kennedy and 'Schoolhouse Rock!' among recordings deemed classics by Library of Congress". The Washington Post. Consultado o 25 de marzo de 2019. 
  18. "Ritchie Valens' 'La Bamba' Inducted Into National Recording Registry of the Library of Congress". Billboard. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]