Rita Sampedro Rodríguez
Rita Sampedro Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1910 |
Lugar de nacemento | Sarria |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Rita Sampedro Rodríguez, nada en Fonte de Aián (Sarria) o 26 de xuño de 1910,[1] foi unha mestra galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Antonio Sampedro Montero e Marcelina Rodríguez García. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Lugo, rematando en 1929.[2] Foi mestra de Baamonde (Begonte) en 1930,[3] e de Guitián (Sarria) en 1933.[4] Aprobou os cursos de selección de mestres de 1933.[5] Mestra nacional de Filgueira (Palas de Rei) dende 1936, militaba no PCE e nos anos corenta mantivo relacións con Marcelino Rodríguez Fernández. Nos anos cincuenta era mestra en Aián (Samos).[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 129. ISBN 84-87783-79-1.